Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O Centro Sociocomunitario de Ourense-Centro renovou o mobiliario e o equipamento da súa aula de informática

A renovación desta dotación executouse ao abeiro dun convenio subscrito pola Fundación La Caixa e a Consellería de Traballo e Benestar

O delegado territorial da Xunta mantivo esta mañá un encontro co seu director para coñecer de preto as actividades formativas e de lecer programadas

Este centro social púxose ao servizo da cidadanía no ano 1972 e cada ano recibe a máis de 5.000 usuarios e usuarias

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, mantivo esta mañá un encontro co director do Centro Sociocomunitario de Ourense-centro, Xosé Manuel Aldemira, co obxectivo de supervisar a renovación do mobililiario e do equipamento informático que esta semana se levou a cabo neste centro social dedicado ás persoas maiores. Ademais, Martínez coñeceu de preto a programación de actividades formativas e de lecer e tempo libre que se desenvolven neste centros sociocomunitarios dependente do departamento autonómico dirixido por Beatriz Mato.

A aula de informática deste centro renovouse ao abeiro dun convenio subscrito pola Fundación La Caixa e a Consellería de Traballo e Benestar. Así, este espazo dotouse de 20 postos de formación completo de informática, 10 ordenadores de última xeración e novo mobiliario. Este centro ten programadas actividades informáticas impartidas por profesores a cargo do convenio asinado coa entidade crediticia catalá e, ademais, tamén hai un grupo de voluntarios que catro días á semana acoden ao fogar do maior para impartir clases de informática y de manexo de internet.

Este centro sociocomunitario, emprazado na rúa Concello e cunha superficie de 1.600 m2 en dúas plantas, é un referente para os maiores ourensáns dende o ano 1972 no que comezou a funcionar e se puxo ao servizo da cidadanía coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos usuarios mediante a promoción sociocultural das persoas e, a día de hoxe, é un importante lugar de encontro interxeneracional e de comunicación na cidade das Burgas.

Segundo os últimos datos, este centro recibe a máis de 5.000 usuarios e usuarias, e nestes momentos está a desenvolver obradoiros de psicomotricidade, ximnasia, teatro, encaixe de Camariñas, pintura, manualidades, coro, gaita ou informática, entre outros talleres. A maioría dos usuarios que acoden a este centro teñen entre 65 e 80 anos.

A ocupación media diaria cífrase en máis de 150 persoas polas mañás e 300 polo serán, incrementándose ata 500 as fines de semana e festivos xa que é cando celébrase as sesións de baile.

O obxectivo final que busca a Xunta de Galicia a través das distintas actividades e servizos que ofrecen nos Centros Sociocomunitarios é conseguir unha participación activa na comunidade dos cidadáns en xeral e das persoas maiores en particular, a prevención da dependencia e que as persoas maiores teñan un lugar para reunirse propiciando a integración social no grupo e que os usuarios e usuarias participen nas actividades e se relacionen activamente con outras persoas promovendo tamén actividades de voluntariado, ocio e excursións.

Nos últimos anos o número total de usuarios e usuarias que empregan estas dependencias incrementouse considerablemente dada a variada oferta de servizos que ofrecen como o servizo de cafetería, ximnasio, sala de lectura e de televisión, biblioteca e mesmo perruquería e sala de billar, ademais dos espazos comúns que se utilizan para a práctica de xogos, principalmente xogos de cartas e dominó, e para faladoiros.

Na provincia ourensá, a administración autonómica xestiona 11 centros destas características. Ademais dos 2 existentes na capital_ o do centro e o de Pontepelamios_ o resto atópanse en Ribadavia, Maceda, Xinzo da Limia, Viana do Bolo, O Barco de Valdeorras , Petín, Celanova, O Carballiño e Verín.