Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

O Centro Demostrador TIC celebra hoxe unha sesión demostradora sobre servizos de Cloud Computing para empresas e administracións públicas

Mostraranse, a través dunha presentación eminentemente práctica, os modelos de uso máis habituais de computación en nube e, máis en concreto, os servizos ofrecidos por Amazon Web Services

A sesión vai dirixida aos responsables de sistemas da pequena e mediana empresa galega

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle hoxe unha Sesión Demostradora na que a empresaimaxin|software presentará aos asistentes os servizos ofrecidos por Amazon Web Services a través de exemplos prácticos e casos de éxito.

Amazon Web Services (AWS) ofrece unha plataforma de servizos web de infraestrutura baseada na nube coa que cada empresa pode solicitar potencia informática e capacidade de almacenamento segundo as súas necesidades. Do mesmo xeito, proporciona flexibilidade para poder elixir a plataforma de desenvolvemento ou o modelo de programación que mellor se adapte á súa metodoloxía de traballo.

A sesión, que se celebra de 10:30 a 12:30h, comezará facendo un percorrido pola evolución do Cloud Computing e dos modelos de uso máis habituais e rematará con Opentrad, plataforma de tradución simultánea que constitúe un exemplo claro de caso de éxito.

A sesión está dirixida aos profesionais TIC, tanto do sector público como privado, que desenvolven o seu labor fundamentalmente na área de Sistemas.

CDTIC
O Centro Demostrador TIC de Galicia, inaugurado o pasado 27 de xuño, é unha iniciativa para promover o uso efectivo das TIC nas empresas galegas de cara ao cumprimento dos obxectivos estratéxicos definidos na Axenda Dixital 2014.gal. O obxectivo do CDTIC é facilitar a incorporación das micropemes e autónomos á Sociedade da Información e facer máis competitivos os sectores estratéxicos de Galicia mediante as incorporacións das TIC aos seus modelos de negocio (automoción, construción naval, enerxía, téxtil).

Este escaparate tecnolóxico de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de red.es, e está cofinanciado con fondos FEDER.