Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Modernización subvenciona con 1,3 millóns de euros 32 proxectos tecnolóxicos abordados desde a cooperación empresarial

Trátase de iniciativas desenvolvidas por empresas e asociacións empresariais de calquera sector económico en colaboración con outras empresas do sector TIC

O financiamento por proxecto acada un incremento medio por beneficiario dun 18,5% respecto a 2010

A resolución destas axudas completa o programa de subvencións da Secretaría Xeral para impulsar proxectos empresariais de carácter tecnolóxico cun importe total de case 5 millóns de euros en 2011

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén de resolver a convocatoria de axudas para o fomento de empresa dixital coa que subvenciona un total de 32 proxectos tecnolóxicos cun orzamento de 1,3 millóns de euros. O financiamento por proxecto acada os 41.000 euros o que supón un incremento medio por beneficiario dun 18,5% respecto a convocatoria de 2010.

Coa resolución destas axudas complétase o programa de subvencións para impulsar proxectos empresariais no ámbito tecnolóxico ao que se destinou un orzamento de 4,8 millóns de euros en 2011, e que están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Convocatoria para empresa dixital
Os proxectos que se presentaron á convocatoria de axudas para empresa dixital abórdanse desde a cooperación entre empresas privadas ou asociacións empresariais de calquera sector económico e unha empresa do ámbito tecnolóxico que desenvolve a solución TIC demandada pola empresa.

As 32 iniciativas subvencionadas achegarán diferentes solucións tecnolóxicas para ámbitos tan diversos como loxística portuaria e organización do transporte, a xestión de procesos produtivos e servizos empresariais, comercio electrónico e atención a clientes e actuacións empresariais en redes sociais.

Con esta liña de axudas a Secretaría Xeral busca incrementar o nivel de cooperación entre o sector TIC e o resto dos sectores produtivos da economía galega, para contribuír a mellorar a súa produtividade e competitividade. A Xunta de Galicia vén apostando con diferentes medidas para apoiar o desenvolvemento de novos e mellores servizos TIC que permitan incrementar o grao de exportación e a internacionalización das empresas galegas.