Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Medio Ambiente sinala que a aplicación Meteosix permitirá consultar a predición meteorolóxica no sistema iphone a partir de hoxe

Dende xaneiro esta aplicación xa funcionaba no sistema Android, rexistrándose máis de 5.000 descargas desta ferramenta para coñecer datos meteorolóxicos

A aplicación permite buscar sobre un mapa e tamén polo nome dos lugares sobre os que se desexe coñecer a predición

Ao longo do 2012 a cobertura da aplicación estenderase a todo o litoral atlántico e ao resto da Península Ibérica, con novas melloras e servizos, como información relativa ás mareas ou ás horas de saída e posta do sol nun punto concreto

A aplicación Meteosix, que permite consultar a predición meteorolóxica dende o teléfono móbil, xa está dispoñible dende hoxe para o sistema operativo de Apple. Con esta nova versión de Meteosix para Iphone, máis do 90% dos usuarios de móbiles en España terán acceso a esta aplicación gratuíta que permite consultar as predicións para calquera lugar de Galicia.

Cómpre lembrar que no mes de xaneiro a Consellería de Medio Ambiente, a través de Meteogalicia, publicou un sistema de acceso xeorreferenciado aos datos de predición numérica, tanto meteorolóxica como oceanográfica, e a aplicación Meteosix para dispositivos móbiles con sistema Android, que permite a personalización do acceso ás predicións. Dende o mes de febreiro realizáronse máis de 5.000 descargas desta aplicación para consultar a meteoroloxía.

Ao longo do ano 2012 a cobertura da aplicación estenderase a todo o litoral atlántico e ao resto da Península Ibérica, con novas melloras e servizos, como poder coñecer información relativa ás mareas ou ás horas de saída e posta do sol nun punto concreto. Tamén se poderá consultar o estado da meteoroloxía para calquera punto de Galicia en tempo real, a partir dos datos proporcionados polas estacións meteorolóxicas.

A aplicación permite buscar sobre un mapa e tamén polo nome dos lugares sobre os que se desexe coñecer a predición. Para os usuarios máis avanzados está dispoñible tamén un servizo web que proporciona a información en diversos formatos de fácil proceso.

A Xunta de Galicia indica que toda a información relativa a esta aplicación pode consultarse na seguinte dirección: http://www.meteogalicia.es/web/proxectos/meteosix.action