Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Mar Pereira sinala que a Xunta está a avanzar en novas medidas para facilitar aos autónomos a integración das TIC nos seus negocios

A Amtega ofrece a través do Centro Demostrador TIC demostracións gratuítas das solucións e servizos tecnolóxicos existentes no mercado para os distintos sectores produtivos

Este ano elaborouse a Guía de solucións de Software Libre para autónomos, en colaboración con Agasol e a Federación de Autónomos de Galicia

Púxose en marcha un Programa de Asesores TIC para autónomos e empresas dos sectores da agroalimentación, mar e acuicultura e construción

Un dos obxectivos da estratexia tecnolóxica da Xunta de Galicia é impulsar o crecemento e a competitividade dos principais sectores produtivos galegos a través da integración das TIC nos seus modelos de negocio. Así o destacaba a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, durante a visita a XX Feira dos Autónomos de Galicia, que se celebra en Expocoruña ata o 8 de decembro, e no que a Amtega conta cun stand.

A responsable da área tecnolóxica da Xunta afirmou que avanzar neste obxectivo é especialmente importante no caso do tecido empresarial galego, composto nun 95% por pemes e autónomos. Pereira recordou que o primeiro estudo específico no ámbito das TIC e os autónomos galegos, presentado este ano pola Amtega e colaboración co Federación Galega de Autónomos, puxo de manifesto a incorporación das TIC neste colectivo sitúase nun nivel básico.

Centro Demostrador TIC
De feito, o estudo indicaba que a contratación de internet entre os autónomos galegos está 10 puntos puntos por debaixo das microempresas e que só 9% dos autónomos realizaron vendas a través da rede, aínda que o 16,1% dos que contan con conexión a Internet ten unha presenza activa nas redes sociais, superando incluso á media do conxunto das microempresas (12,9%).

O Centro Demostrador TIC, dependente da Amtega, é un dos instrumentos que a Administración autonómica facilita a pemes e autónomos para coñecer de xeito gratuíto a oferta tecnolóxica que teñen a súa disposición. Desde a súa creación en 2011 máis de 2.000 profesionais e preto de 500 empresas participaron nas súas actividades, que facilitan o encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.

Ademais, CDTIC está a traballar na identificación da oferta tecnolóxica de Galicia a través do Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, o MapaTIC.gal (https://cdtic.xunta.es/mapatic/), que se está a consolidar como o directorio online de provedores e solucións TIC Galegas, e que na actualidade conta con preto de 225 provedores e máis de 550 solucións TIC.

Red de Asesores TIC
Precisamente, no CDTIC arrancaba o pasado mes de setembro o Programa de Asesores TIC, unha iniciativa que se está a realizar en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para prestar apoio gratuíto ás pequenas e medianas empresas galegas no seu proceso de mellora tecnolóxica. Á iniciativa acolléronse preto de 20 dirixida a negocios e autónomos dos sectores da agroalimentación, mar e acuicultura e construción,

O asesoramento está a ser realizado por profesionais con formación en Enxeñaría en Informática que axudarán ás empresas a definir as súas necesidades tecnolóxicas en función do seu modelo de negocio para que adopten aquelas que poidan mellorar a súa eficiencia e produtividade. Nesta selección, os asesores tecnolóxicos primarán as solucións baseadas en software libre e titorizarán a implantación de solucións TIC.

Guía de Software Libre
Outra das iniciativas impulsadas pola Amtega para facilitar o achegamento das TIC a este colectivo foi a Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais autónomos elaborada en colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA).

As preto de 150 páxinas da Guía, que ofrecen un conxunto de materiais didácticos e información sobre ferramentas tecnolóxicas de utilidade para poder xestionar, comunicar, organizar, difundir, vender, etc. dun xeito áxil e eficiente en calquera ámbito negocio.

O acceso á Guía é totalmente aberto e gratuíto e está dispoñible para a súa consulta e descarga nas seguintes webs do CDTIC (http://cdtic.xunta.es), AGASOL (www.agasol.org), mancomún, (www.mancomun.org) FEAGA (http://feaga.org/).

Formación 
Desde a Xunta de Galicia estase a potenciar tamén a formación dos empresarios e autónomos no uso das TIC a través da Rede de aulas públicas CeMit con actividades dirixidas á pequena empresa e traballadores autónomos para aumentar a visibilidade empresarial a través de ferramentas de localización, de promoción e captación de clientes a través das redes sociais e profesionais e sobre a difusión de servizos mediante blogs.