Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Mar Pereira reitera que a Xunta conta cun plan de fomento do uso do sotfware libre consensuado coas univeridades e asociacións de usuarios e empresas do sector

A secretaria xeral de Modernización indicou que implantar o software de estándares abertos na Administración autonómica require dun proceso progresivo e paulatino libre consensuado coas univeridades e asociacións de usuarios e empresas do sector

O Plan, que terá continuidade en 2011, establece 21 medidas que desenvolve a Administración autonómica e outras 60 en colaboración cos axentes implicados

A Xunta vén de reducir en 4.500 as licenzas contratadas e pasará de pagar 10,5 millóns de euros por licenzas de Microsoft en tres anos a investir 4,7 millóns polo mesmo período de tempo

A Xunta consegue así racionalizar o investimento e reducir o número de licenzas como paso previo para unha migración a estándares abertos

O Goberno galego aposta polo software libre en diferentes iniciativa e proxectos de calado como Abalar, co que está a implantar as novas tecnoloxías nas escolas galegas

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recalcou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “non deu nin un paso atrás no seu compromiso de impulsar o software libre” e incidiu na idea de “implantar do software de estándares abertos nunha administración da dimensión da autonómica require dun proceso progresivo e paulatino”.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, a responsable de novas tecnoloxías do Goberno galego indicou que “non se pode rachar dun día para outro coa infraestrutura tecnolóxica preexistente na Xunta”. Neste sentido, Mar Pereira destacou que o Goberno galego dispón agora dun Plan de actuación para o software libre, que terá continuidade no 2011 e que está a desenvolvelo ”con decisión, e o que nunca vai facer é deixar vulnerable e sen mantemento ou soporte a infraestrutura tecnolóxica que están a utilizar os empregados públicos.”

Trátase do Plan de Acción de Fomento do Software libre, que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, a estratexia tecnolóxica da Xunta, e que establece 21 medidas que desenvolve a Administración autonómica e outras 60 en colaboración cos axentes implicados. É un Plan consensuado coas tres universidades galegas, as asociacións empresariais e de usuarios do software libre cun orzamento de 800.000 euros que se instrumentalizaron a través da sinatura de convenios cos diferentes axentes.

Regularización das licenzas
Mar Pereira lembrou tamén a “herdanza” do Goberno anterior que foi enfrontar a regularización do uso dunhas licenzas que estaban en situación de ilegalidade e mantiñan nun impás de “interinidade efectiva” ao conxunto da administración.

Así o actual Goberno tivo que dar continuidade “de xeito irrenunciable” a un procedemento decidido polo Goberno bipartito “de carácter negociado por especificidade técnica directamente con Microsoft e por un importe de 2,2 millóns de euros.”

Racionalización do gasto
Para seguir avanzando nas actuacións que fomenten o uso do software libre e de estándares abertos a Xunta decidiu agrupar os distintos contratos das diferentes consellerías e organismos dependentes nun só contrato, co obxectivo de racionalizar o gasto. Deste xeito, a Administración autonómica a pasará de pagar 10,5 millóns de euros por licenzas de Microsoft en tres anos a investir 4,7 millóns polo mesmo período de tempo. No seu conxunto, esta unificación permitirá reducir nun 37% o pagamento de licenzas e nun 18% o nivel de prezos.

En paralelo, acordouse reducir en 4.500 o número de licenzas contratadas. Así,  recalcou Mar Pereira non se  están a adquirir novas licenzas, un procedemento aberto, por certo. Unicamente renováronse parte das licenzas existentes, como paso necesario para unha migración planificada cara á solución de estándares abertos. A primeira prioridade, nesta liña, é garantir a dispoñibilidade de servizos tecnolóxicos básicos da Xunta de Galicia.

Software libre na Educación
En definitiva, mais aforro, máis racionalización e diminución efectiva de licenzas de software. Un paso que é unha mostra clara dos avances que se están a levar a cabo para a implantación efectiva do software libre e os estándares abertos. Así como a aposta no eido educativo de que o proxecto definitivo de inclusión das novas tecnoloxías nas escolas, o proxecto Abalar, se basee exclusivamente en software libre. (Un investimento de 12 millóns no 2010, para chegar a preto de 15.000 rapaces e que se estenderá a outros tantos no vindeiro curso).