Mar Pereira destaca a importancia da Lei de telecomunicacións de Galicia para garantir o acceso aos servizos dixitais de todos os galegos

Mércores 06 de Novembro de 2013

Mar Pereira destaca a importancia da Lei de telecomunicacións de Galicia para garantir o acceso aos servizos dixitais de todos os galegos

A responsable autonómica sinala que o despregamento das redes telecomunicación constitúe “a columna vertebral da sociedade dixital”

Pereira recordou que por iso a primeira medida da Axenda Dixital de Galicia foi a posta en marcha do Plan de Banda Larga, que xa permitiu que máis de 680.000 galegos teñan acceso Internet por primeira vez

A Lei, a primeira a nivel estatal, permitirá, unha mellor planificación e unha maior anticipación para que todo o que se faga partir de agora, público co ou privado estea preparado para o futuro

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Mar Pereira inaugurou esta mañá a Xornada de presentación da Guía de Boas Prácticas para o Despregamento das Infraestruturas de Telecomunicación, organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, en colaboración coa Amtega.

A responsable autonómica sinalou que as redes de telecomunicación son a columna vertebral da sociedade dixital e a base imprescindible sobre a que se está a desenvolver toda a estratexia tecnolóxica da Administración autonómica a Axenda Dixital 2014.gal. Son, afirmou, as que nos permiten avanzar cara a administración electrónica, e integrar as TIC na educación, na sanidade, na xustiza, nos servizos esenciais para o cidadán e, ademais, son chave para o crecemento económico

De aí que o paso previo ao desenvolvemento da Axenda Dixital fora a posta en marcha do Plan de Banda Larga da Xunta, que permitiu xa que máis de 680.000 galegos poidan acceder ao servizo de Internet por primeira vez grazas e que, dos 494 centros educativos, sanitarios e concellos sen banda larga de calidade en 2010 xa estean cubertos 482.

Mar Pereira destacou que os despregamentos do Plan continúan para acadar o obxectivo dunha Galicia totalmente conectada pero os propios avances tecnolóxicos nos impoñen novos obxectivos como os que marca a Axenda Dixital de Europa para o 2020: todos os europeos con acceso a redes de 30Mbps e a metade dos fogares conectados a redes de 100Mbps.

A Lei, un instrumento para axilizar e simplificar os despregamentos
Neste contexto destacou que Galicia é a primeira Comunidade de España en apostar por unha lei autonómica orientada a crear un entorno favorable para o investimento dos operadores e para o despregamento ordenado destas novas infraestruturas de telecomunicacións en todo o territorio.

Esta normativa susténtase en tres instrumentos clave para o desenvolvemento de novas redes de telecomunicacións en Galicia: a coordinación, a planificación e a anticipación.

A lei busca potenciar o aproveitamento das infraestruturas existentes, tanto públicas como privadas, e facilitar o uso do solo público para axilizar os despregamentos, e mellorar a coordinación na execución das obras civís para a compartición de gastos e a redución das molestias aos cidadáns polas obras na vía pública.

Neste contexto, a directora da Amtega as entidades locais son chave para harmonizar os intereses que afectan aos despregamentos: o acceso dos cidadáns a servizos de telecomunicacións, o dereito dos operadores de despregar as instalacións necesarias para o exercicio da súa actividade e o interese xeral en materia de competencia municipal concorrente.

Guía de Boas Prácticas
A Guía de boas prácticas para o Despregamento das Infraestruturas de Telecomunicación elaborada polo Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación, se presenta hoxe como unha ferramenta de apoio aos técnicos municipais e axentes implicados para afrontar estes retos no despregamento das infraestruturas de telecomunicación.

Nesta xornada Javier Fernández Fraga, responsable deste proxecto e membro do COETG analizará o novo escenario lexislativo no eido das telecomunicacións e vos ofrecera recomendacións para a tramitación administrativa das novas infraestruturas de telecomunicación.