Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Mar Pereira destaca a capacidade do sector TIC galego para competir no actual contexto dixital apostando por solucións e servizos de futuro

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica asistiu hoxe a entrega da VIII Edición dos Premios Eganet

Situou como un dos obxectivos prioritarios para Galicia o desenvolvemento dun sector TIC punteiro que exporte tecnoloxía e coñecemento, impulsando a innovación a internacionalización e a cultura emprendedora

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asistiu hoxe a entrega da VIII Edición dos Premios Eganet á que se presentaron 74 empresas, entidades e profesionais cun total de 192 candidaturas.

Mar Pereira sinalou que as candidaturas presentadas reflicten “o espírito emprendedor do sector tecnolóxico galego” e son un claro exemplo de que Galicia conta con capacidade para competir en ideas e innovación apostando por novos proxectos TIC: consolidando asempresas do sector, creando novas aplicacións e servizos online e adaptando a forma de comunicar ás necesidades do mercado actual.

A secretaria xeral indicoulles aos participantes que coas súas iniciativas “demostrades que tedes a capacidade e a ilusión necesaria para afrontar con éxito o reto de competir neste contexto dixital apostando por solucións e servizos de futuro.”

A responsable de Modernización incidiu en que o futuro encamíñase na dirección de modelos de negocio online que foron evolucionando para satisfacer a inmediatez e a personalización da demanda actual. Así, destacou as últimas cifras de 2009 do sector dos contidos dixitais, que creceu case un o 33% respecto a 2008 e rexistrou unha facturación de máis de 8.000 millóns de euros, incluso nunhas circunstancias económicas adversas. Para Mar Pereira estes datos poñen de manifesto a fortaleza deste modelo de negocio e a clara tendencia dun consumo cada vez máis dixital.

Sector TIC punteiro: unha prioridade para Galicia
Neste escenario, afirmou, o Goberno galego non pode renunciar na súa aposta por integrar as TIC en todos os ámbitos da sociedade como establece a Axenda Dixital 2014.gal. Por iso afirmou que “a pesar das restricións económicas estamos convencidos de que investir nas TIC redundará nunha mellora a nivel económico e produtivo para Galicia.”

Mar Pereira recordou que no ámbito tecnolóxico a Xunta marcou por primeira vez o obxectivos concretos para Galicia de converxencia con Europa a través da Axenda Dixital de Galicia e tamén no Plan I2C. Coas iniciativas de ambas estratexias, o goberno galego quere estimular o crecemento económico e social da comunidade adoptando un novo modelo produtivo baseado no emprego intelixente das TIC.

Nesta liña a secretaria xeral recordou que un dos obxectivos prioritarios para Galicia é desenvolver un sector TIC punteiro que exporte tecnoloxía e coñecemento, apostando pola innovación a internacionalización e a cultura emprendedora. Para facer realidade este obxectivo a secretaria sinalou como elementos claves o “esforzo, cooperación e coordinación de todos os que formades parte deste mundo das novas tecnoloxías.”