Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Javier Guerra presenta a nova liña de produción de CIE-Galfor que fai realidade un novo plan industrial do concurso eólico

O conselleiro de Economía e Industria destaca que “o Concurso Eólico galego é unha realidade” que “continúa dando os seus froitos e xerando riqueza e emprego para Galicia”

Con este novo proxecto do sector da automoción favorecese o mantemento de 400 postos de traballo

Guerra salienta que “o Goberno galego está implicado co tecido industrial e empresarial da provincia de Ourense, como reflicte tamén o Impulsa Ourense, que ten facilitado a mobilización de investimentos por 50 millóns”

Valora tamén a recente aprobación da Lei Reguladora da Política Industrial de Galicia como un instrumento que facilitará a entrada de proxectos estratéxicos

O conselleiro resalta o impulso á internacionalización e á innovación como “claves para o crecemento económico da comunidade”

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe unha nova liña de produción de cegoñais forxados que a compañía CIE-Galfor ten posto en marcha en cumprimento do Plan Industrial presentado ao Concurso Eólico da Xunta de Galicia. Coa posta en marcha desta cuarta liña de fabricación na planta da compañía, no Polígono de San Cibrao das Viñas, faise posible a creación de novos postos de traballo e a consolidación de 400 empregos directos.

Javier Guerra destacou que “o Concurso Eólico galego é unha realidade” que “continúa dando os seus froitos e xerando riqueza e emprego para Galicia”. O proxecto de Galfor-Eólica, que resultou adxudicataria de 13,5MW, pon en marcha por medio de CIE-Galfor (do grupo Cie Automotive), unha nova liña de produción de cigoñais.

O conselleiro salientou que o Concurso Eólico se plantexou desde o Executivo galego como unha estratexia de dinamización industrial e económica para Galicia e engadiu que este proxecto é “un paso máis na estratexia que está a desenvolver o Goberno da Xunta para impulsar o crecemento por medio da internacionalización e a innovación na industria galega”. O titular de Economía e Industria lembrou que a nova liña de Cie Automotive é o quinto plan industrial asociado ao concurso eólico que se presenta, tras CZ Veterinaria en Porriño; Jealsa, en Boiro; o Complexo dos Peares na Peroxa; e Vestas en Viveiro.

Guerra salientou que “o Goberno galego está implicado co tecido industrial e empresarial da provincia de Ourense, como se reflicte tamén no Impulsa Ourense, co que a Consellería de Economía e Industria ten facilitado a mobilización de investimentos que alcanzan os 50 millóns de euros”. Tamén valorou os efectos que terá a aprobación da Lei Reguladora da Política Industrial de Galicia, o pasado martes no Parlamento. Neste sentido, Guerra apuntou que a norma implica unha tramitación máis sinxela para a implantación de novos proxectos industriais estratéxicos en Galicia xeradores de emprego e riqueza.