Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Ferrol acolle a exposición itinerante da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital

A mostra poderá visitarse ata o 27 de decembro na Residencia Mixta de Maiores.

O vindeiro martes 22 de decembro inaugúrase na Residencia Mixta de Maiores (R/ Pardo Bazán, s/n. Pol. de Caranza - Ferrol) a exposicición itinerante Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Secretaría Xeral de Familia e Benestar.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, inaugurará a exposición ás 11.00 horas. O delegado estará acompañado polo subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal, Modesto Rouco, ademáis doutras autoridades e colectivos locais.

A Secretaría Xeral de Medios, decidiu achegar esta exposición itinerante a os maiores co obxectivo de ensinarlles a todos os galegos de todas as idades o audiovisual e os multimedia realizados por empresas e universidades galegas, e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais.

A mostra, unha converxencia entre arte e tecnoloxía, está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, tocando e experimentando todo, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, e así o demostra o gran éxito que está a acadar nas localidades que a acollen.

Contidos da exposición itinerante
O visitante somérxese nun mundo dixital a través de proxeccións e xogos en 3 dimensións como por exemplo as Cidades do Camiño, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada usuario pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas máns por aquelas cidades por onde discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela.

“Axóuxere” é un canciño robotizado que fala galego e interactúa coa xente. En modo automático o can atende a comandos de voz para que xogue coa súa pelota. E así ata oito contidos diferentes que permiten ao visitante gozar dunha experiencia nova e divertida.

“Aerodeslizadores por Compostela” é un xogo que consiste nun descenso pola zona histórica dunha cidade galega virtual, nun futurista “aerodeslizador”. Nesta carreira enfróntanse dous xogadores subidos nos seus correspondentes “aerodeslizadores”. Cada xogador moverá a súa táboa mirando ás opcións correspondentes para alcanzar a máxima velocidade e así gañar a carreira.

Outros cinco contidos máis completan a exposición que estará na Residencia mixta de maiores de Ferrol do 22 ao 27 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, excepto o venres 25 que permanecerá pechada. A entrada é de balde e para todos os públicos.