Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Dez empresas tecnolóxicas internacionais, galegas e o clúster TIC apostan por investir en Galicia e impulsar o desenvolvemento dixital da comunidade

Os máximos responsables de HP, Indra, Everis, Tecnocom, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain o Clúster TIC Galicia, valoran positivamente a iniciativa do Goberno galego, a primeira a nivel estatal que plasma o compromiso das empresas do sector por converter a Galicia en polo tecnolóxico de referencia

Destacan entre as fortalezas da Comunidade no eido TIC un tecido empresarial con capacidade de crecemento, con iniciativas recoñecidas a nivel nacional e internacional e cunha política tecnolóxica clara por parte da Administración autonómica

Inciden na necesidade de impulsar a internacionalización, a innovación e promover a creación de empresas de base tecnolóxica, medidas que se recollen no pacto asinado hoxe

Os máximos responsables das empresas tecnolóxicas HP, Indra, Everis, Tecnocom, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain e o Clúster TIC Galicia asinaron esta mañá co presidente da Xunta o Protocolo para o Desenvolvemento Dixital de Galicia. É o primeiro acordo deste tipo que se realiza en España no que tanto o Goberno galego como as empresas asinantes asumen un decálogo de compromisos para, atraer investimento a Galicia, favorecer a internacionalización das pemes galegas e lograr a colaboración activa entre as grandes e pequenas empresas para conseguir o crecemento do sector.

Todos os asinantes valoran positivamente a iniciativa da Administración autonómica. A presidenta de HP, Helena Herrero sinala que “con este Pacto, Galicia demostra ter unha enorme visión de futuro á hora de converter ao sector TIC nun dos motores do desenvolvemento e a innovación na Comunidade. O feito de que integre ademais todo o Clúster TIC garante a eficiencia e a coherencia das accións, a través dunha efectiva colaboración entre empresa e Administración”.

Herrero sinala que Galicia é “un referente claro no contexto tecnolóxico estatal” e “que a Xunta de Galicia é unha das Administracións que mellor entendeu o papel da tecnoloxía como elemento diferencial”. Para a presidenta de HP “Galicia está a ser capaz de desenvolver proxectos para dar aos seus cidadáns un servizo eficiente e eficaz”.

conselleiro delegado de Everis, Benito Vázquez, destaca deste Pacto que que “a colaboración entre as administracións públicas e o sector privado é imprescindible para articular políticas que permitan o crecemento e fortalecemento dos diferentes sectores da economía, máis se cabe no sector TIC, polo carácter transversal deste.”

En canto situación das TIC en Galicia afirma que “o desenvolvemento tecnolóxico tomou forza nas políticas do Goberno, onde as TIC están máis presentes que nunca nos últimos anos”. Indica que aínda que “Galicia ten un peso relativo na economía estatal, ten todos os ingredientes para xogar un papel relevante no ámbito tecnolóxico, intensivo en talento, creatividade, innovación.”

Para o director xeral de Indra, Santiago Roura a “situación económica actual fai necesario que España e Galicia avancen cara a un novo modelo produtivo, baseado na innovación e o coñecemento no que o sector TIC ten un papel fundamental e este acordo axudará a acelerar esta transformación, apoiando a xeración de emprego estable e de calidade no sector”

Roura recoñece que “Galicia deu pasos importantes nos últimos anos para reducir a distancia coas comunidades autónomas máis avanzadas do Estado en materia TIC” pero que o sector precisa impulsar a internacionalización.

conselleiro delegado de Tecnocom, Javier Martín García sinala “que o sector tecnolóxico impulsa o desenvolvemento en todos os ámbitos” e que “o impulso por parte das institucións públicas como é neste caso a Xunta de Galicia xera emprego de calidade e contribúe a mellorar a eficiencia e competitividade do resto dos sectores”. Por outra banda opina que a “Comunidade ten un nivel de desenvolvemento tecnolóxico con percorrido de mellora en canto á conectividade dixital sobre todo en zonas rurais”

director – xerente de IECISA, José Aracil Gallardo ve “moi positiva” esta iniciativa, e sinala que “noutros países onde se puxeron en marcha modelos similares nos que se conseguiron maior eficiencia e unha redución de gasto”. Ademais, afirma que “Galicia foi referente en moitos proxectos que puxeron en marcha as súas Administracións Públicas e conta con empresas de TIC relevantes”.

directora xeral do grupo SATEC, Teresa Taubman, afirma sobre o Pacto que a colaboración entre os distintos actores no sector, é unha condición indispensable para que as TIC sexan un elemento catalizador do necesario "cambio de modelo produtivo". Taubman sostén que “en Galicia se dan as condicións para que compañías como a nosa localicen investimentos en centros especializados de alto valor”

presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral sinala que o Pacto é a constatación de que o Goberno galego comparte a visión do Clúster sobre o sector, como un dos máis dinámicos e con menos barreiras á hora de incrementar as exportacións, e un dos factores clave escollidos pola UE para recuperar a economía europea.

Indica que “Galicia ten moitos produtos tecnolóxicos que compiten internacionalmente, pero que aínda unha parte importante do sector son empresas puras de servizos. O reto é pois saber combinar produto tecnolóxico con servizo”

presidente de la Corporación Televés, Ramón Bescansa de la Gándara, valora como positivo o pacto “xa que esperamos que a lei dixital (un dos compromisos do Goberno galego) axude de forma decidida ao sector TIC galego”. Por outra banda, sostén que é preciso “promover a creación de empresas de base tecnolóxica con proxección internacional” para impulsar o sector en Galicia.

Para o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, o Pacto é “unha boa nova” e “ amosa, ademais, sentido da oportunidade e visión estratéxica”. En canto á situación da Comunidade a nivel estatal no eido das TIC sinala que “Galicia pode e poderá seguir competindo no contexto tecnolóxico estatal e mundial se continúa a investir en innovación, en despregamento de infraestruturas de telecomunicacións, en capacitación dos cidadáns para que se integren plenamente no contorno dixital.”

presidente de Altia, Constantino Fernández, sostén que co pacto o “Goberno de Galicia aposta polas Tecnoloxías como elemento de transformación e avance da sociedade e como oportunidade para o desenvolvemento empresarial e a xeración de emprego.

En canto ao tecido tecnolóxico galego afirma que Galicia dispón dun sector de alto potencial no que figuran varias empresas que, en diferentes ámbitos, están a competir en primeira liña.

director xeral de Coremain, Luis Álvarez Sestelo pon de manifesto que tras o pacto “débese proceder canto antes á definición dun plan ou plans concretos cun calendario, resultados esperados e métricas da súa evolución.”

Para Álvarez Sestelo Galicia é “un polo tecnolóxico de relevancia” pero “fáltanos elevar o nivel de idiomas porque en coñecemento tecnolóxico competimos de igual a igual co resto do mundo.”