Conde destaca que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo para resolver os retos da dixitalización da economía

Martes 24 de Abril de 2018

Conde destaca que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo para resolver os retos da dixitalización da economía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante o acto de clausura da segunda edición e apertura da nova convocatoria de Vodafone Connecting for Good Galicia, que se celebrou na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo galego para resolver os novos retos económicos que están marcados pola dixitalización.

Conde asegurou que os seis proxectos que participaron nesta segunda edición son o exemplo de como a innovación se pon ao servicio das persoas para mellorar o seu benestar e calidade de vida con iniciativas que dan resposta a retos sociais relacionados coa saúde, o envellecemento activo e a modernización de sectores con tecnoloxías facilitadoras. O conselleiro enmarcou esta iniciativa no mapa de aceleradoras galegas que están posibilitando o desenvolvemento de 600 proxectos cun investimento que supera os 18 millóns de euros.