Apagados analóxicos que se van producir o xoves, día 21 e o luns, 25 de xaneiro

Mércores 20 de Xaneiro de 2010

Apagados analóxicos que se van producir o xoves, día 21 e o luns, 25 de xaneiro

Continuan os apagados analóxicos sen incidencias.

A Secretaría Xeral de Medios informa de que os apagados que terán lugar mañá, xoves, día 21 de xaneiro, se producirán nos centros analóxicos de Arzúa, Touro e Val do Dubra, pertencentes á área técnica de Santiago, e de Cedeira, Esmelle, Feas, Mandía, Muras II, San Sadurniño, San Andrés de Teixido, Sta. Mariña de Narahio, Vicedo e Vilasanche, pertencentes á área técnica de Ares. Estes apagados implicarán de xeito total ou parcial aos concellos de Arzúa, Melide, Touro, Val do Dubra, Cedeira, Mañón, San Sadurniño, Moeche, zonas de Ferrol e aos concellos lucenses de O Vicedo e Muras.

O venres 22 de xaneiro non haberá apagados. Retomaranse o luns, 25 de xaneiro, xornada na que terán lugar os ceses analóxicos nos centros de Oza dos Ríos, Aranga, Betanzos, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, pertencentes á área técnica de Ares. Deste xeito o apagado analóxico chegará total ou parcialmente aos municipios de Aranga, Betanzos, Coirós, Irixoa, Monfero, Oza dos Rios, Paderne, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez e Vilamaior.