Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta sitúa a ciberseguridade nos piares da Estratexia Dixital de Galcia para a vindeira década

• A directora da Amtega inaugurou hoxe o I congreso de ISACA en Santiago, que reúne a preto de cen profesionais do ámbito da ciberseguridade
• Destacou a importancia de concienciar á sociedade sobre a seguridade e xerar confianza para que os cidadáns se desenvolvan nun contexto dixital
• Lembrou a aposta do Goberno galego neste ámbito coa recente reforma do seu Plan de Seguridade con máis orzamento e novas medidas ata o 2021


A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que a “ciberseguridade é un elemento chave” no proceso de transformación dixital que estamos a vivir e un dos vectores sobre os que se está a elaborar a estratexia dixital de Galicia para a próxima década. A responsable da política tecnolóxica da Xunta inaugurou esta mañá o I Congreso de ISACA en Santiago, que reúne a preto dun cento de profesionais do ámbito da ciberseguridade. 

Na súa intervención, Pereira sinalou que  “a vida é dixital” e a seguridade e a confianza son elementos fundamentais para que os cidadáns se desenvolvan axeitadamente neste contexto. Lembrou aposta do Goberno galego pola ciberseguridade cun Plan aprobado no Consello da Xunta, que se acaba de reformar para adaptarse aos últimos cambios normativos e que tamén inclúe máis medidas e un incremento orzamentario. 

Segundo recordou a directora da Amtega este plan contempla alianzas estratéxicas con outras entidades para mellorar e compartir experiencias no eido da ciberseguridade. Neste sentido indicou que se está a pechar unha nova liña de colaboración co Incibe.

Plan de Seguridade TIC
Entre 2015 e 2018 investíronse 6,4 millóns de euros nas actuacións do Plan de Seguridade TIC, que conta cun orzamento de 10,9 millóns de euros ata 2021. O Plan, cuxa ampliación foi aprobada polo Goberno galego o pasado mes de abril, incorpora novas actuacións a nivel formativo, normativo, organizativo e de protección para garantir a prestación duns servizos dixitais de calidade, dispoñibles e seguros para os cidadáns.

Sobre ISACA
Establecida en 1969, ISACA é unha asociación global sen ánimo de lucro que aglutina a máis de 135.000 profesionais en 188 países, do eido da ciberseguridade. ISACA axuda aos profesionais globais a liderar, adaptar e asegurar a confianza nun mundo dixital en evolución ofrecendo coñecemento, estándares, relacións, acreditación e desenvolvemento de carreira innovadores e de primeira clase.