A Xunta resolverá no mes de novembro a orde de axudas destinadas ao fomento da empresa dixital

Xoves 03 de Novembro de 2011

A Xunta resolverá no mes de novembro a orde de axudas destinadas ao fomento da empresa dixital

A Secretaría Xeral de Modernización xa informara ao sector das previsións de resolución desta convocatoria

O departamento autonómico xa tramitou a ampliación dos prazos para que as empresas beneficiadas presenten a documentación

Os novos prazos serán publicados mañá no taboleiro electrónico

Modernización resolveu este ano outras dúas liñas de axuda para o impulso do sector TIC por un total de 3,5 millóns de euros

O importe medio subvencionado por proxecto foi este ano un 20% superior ao de 2010

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica resolverá no mes de novembro a axudas destinadas ao fomento da empresa dixital. O departamento autonómico xa informara no seu día ao sector das previsións de  resolución desta convocatoria de subvención. O elevado número de proxectos presentados, o amplo volume de documentación proposta polas empresas para subsanar xunto co peche do exercicio orzamentario en setembro dilataron este proceso de resolución.

Por outra banda, o departamento autonómico xa tramitou unha ampliación dos prazos de entrega de documentación para as empresas que resulten beneficiarias destas axudas. Os novos prazos resolvéronse no día de onte, mércores 2 de novembro, e serán publicados mañá no taboleiro electrónico.

Resoltas axudas ao sector por importe de 3,5 millóns de euros
A Secretaría Xeral de Modernización resolveu xa este ano as outras dúas liñas de axudas específicas para o sector TIC que contempla o seu programa de Axudas para o desenvolvemento da sociedade da información. En total, destinou 3.5 millóns de euros a impulsar actuacións do sector tecnolóxico galego. Ademais, o importe medio subvencionado por proxecto foi este ano un 20% superior ao de 2010.

Proxectos tecnolóxicos abordados desde a cooperación empresarial
As axudas para o fomento da empresa dixital forman parte do programa de Axudas para o desenvolvemento da sociedade da información da Administración autonómica.

Esta convocatoria, que se debe abordar desde a cooperación empresarial, contempla dúas liñas de axuda, tanto para a demanda empresarial en solucións TIC como para a resposta tecnolóxica en solucións TIC.