Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta presenta o anteproxecto da obra do novo centro de procesamento de datos, que estará construido en 2025 e contará cunha inversión de máis de 25 millóns de euros

• As novas instalacións ocuparán unha superficie de máis de 8.000 metros cadrados no parque empresarial da Sionlla
• Contará con unha potencia IT mínima na primeira fase de 700kW, que se poderá ampliar no futuro a 1.5 MW
• O novo CPD mellorará a eficiencia enerxética dos CPDs actuais
• O CPD permitirá duplicar as capacidades de procesamento e almacenamento de datos actuais
• Será o único CPD das Administracións públicas españolas en cumprir coa máxima esixencia mundial de seguridade e dispoñer da certificación TIER 4
• Esta noca infraestrutura aumentará a estabilidade e evitará posibles caídas de servizos críticos, como a sanidade ou a educación
• O CPD será o elemento central na primeira fase de implantación da estratexia para o uso da tecnoloxía ‘Cloud’ no sector público autonómico


A Xunta de Galicia construirá un novo Centro de Procesamento de Datos no parque empresarial da Sionlla que garantirá a estabilidade na prestación dos servizos da administración dixital e permitirá afrontar a estratexia para o uso da tecnoloxía ‘Cloud’, segundo o informe presentado hoxe no Consello de Goberno.

A construción do edificio que albergará o novo CPD implicará un investimento de máis de 25 millóns de euros, e está previsto que estea rematado en 2025.

O novo proxecto unificará nunha mesma superficie o CPD, un centro loxístico conectado cos centros de provisión para a óptima xestión do equipamento tecnolóxico do sector público e salas para persoal técnico de administración dos sistemas e infraestruturas do CPD.

O centro loxístico terá unha superficie construída de case 900 m2.

O obxectivo do novo CPD é o de afrontar os retos derivados do aumento das tramitacións administrativas que se fan pola vía telemática, que son xa o 78% do total. A Xunta dispón actualmente dun Centro de Proceso de Datos Integral no Gaiás cunha superficie de 1.275 metros cadrados, que alberga 2.500 servidores cunha capacidade de almacenamento de 13 petabytes. A súa posta en marcha en 2012 supuxo un fito tecnolóxico na Comunidade que permitiu modernizar, racionalizar e homoxeneizar a prestación dos distintos servizos dixitais ós cidadáns.

O CPDI do Gaiás conta cun CPD de respaldo en San Caetano para permitir o mantemento de servizos críticos en caso de incidencias. Sen embargo este CPD de respaldo está ao límite da súa capacidade para albergar novos sistemas tecnolóxicos, carece de posibilidades de ampliación e a maioría das súas infraestruturas eléctricas e de climatización están próximas ao fin da súa vida útil. 

O novo Centro proporcionará estabilidade á prestación dos servizos públicos e de administración dixital e evitará caídas de servizos críticos como a sanidade, a educación ou a sede electrónica.

O Centro de Datos da Sionlla será o único dunha administración pública española en cumprir coas maiores esixencias mundiais de seguridade, que certifica o Uptime Institute coa cualificación Tier-4.

As certificacións do Uptime Institute están consideradas o estándar globalmente recoñecido para a fiabilidade e o desempeño xeral dos centros de datos. Actualmente hai máis de 2.012 certificacións emitidas en 109 países, que van dende o primeiro nivel (Tier-1) ata o máis esixente (Tier-4).

No caso da Certificación Tier-4, que é que terá o novo Data Center da Xunta, a cualificación é de “Centro de datos tolerante aos fallos”, polo que pode soportar os fallos de calquera dos seus compoñentes que inhabilite a subministración eléctrica ou de refrixeración. A dispoñibilidade é dun 99,995% e o tempo de indispoñibilidade para o mantemento ao ano é de 52,56 minutos.

O Centro de Datos da Sionlla terá un PUE (Power Usage Effectiveness) inferior a 1,23.  O PUE da unha medida da cantidade total de enerxía que necesita un centro de proceso de datos en relación coa enerxía que os equipos de TI aloxados no CPD utilizan directamente.  Os sistemas de refrixeración, combinados coa enerxía necesaria para alimentar os equipos aloxados no CPD, son dous factores fundamentais que determinan, en gran parte, os custes do consumo enerxético nos centros de datos. A maioría dos centros de datos teñen valores de PUE próximos a 3.0. Coa optimización da infraestrutura, pódense alcanzar valores de hasta 1.16 nos CPDs mais eficientes.

O novo edificio contará con placas solares na cuberta, o que permitirá xerar ata un 25% da potencia consumida mediante enerxía limpa, renovable e non contaminante.

O novo CPD ocupará unha superficie de máis de 8.000 metros cadrados no parque empresarial da Sionlla. Ademais de reforzar a Administración dixital, será a infraestrutura central na primeira fase da estratexia para o uso da tecnoloxía ‘Cloud’ no sector público autonómico.

Ao longo deste ano, a Xunta afrontará a posta en marcha da súa ‘Cloud’ privada, implantará un modelo de gobernanza ‘Cloud’ e un modelo de contratación de servizos de ‘Cloud’ pública. A aplicación desta tecnoloxía beneficiará á Administración cun maior aforro de custos, melloras na eficiencia da xestión das infraestruturas de tecnoloxías da información, na compartición de recursos entre os diferentes entes públicos ou na produtividade.