A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a xestión online a través da Sede Electrónica para o Sector Madereiro

Xoves 10 de Maio de 2018

A Xunta organiza unha xornada formativa sobre a xestión online a través da Sede Electrónica para o Sector Madereiro

• A Amtega e a Consellería do Medio rural queren facilitar ás empresas do sector da madeira e particulares a tramitación electrónica relativa aos aproveitamentos madereiros e leñosos
• Terá lugar o 15 de maio no Centro Demostrador TIC e retransmitirase a través de videoconferencia a 23 aulas da Rede CeMIT

A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecen aos empresarios do sector da madeira unha xornada formativa para facilitarlles a xestións online a través da sede electrónica da Xunta, tras a publicación no  DOG o pasado xoves,   26 de abril da Orde   pola que se regulan os aproveitamentos madereiros e leñosos , que recolle a presentación telemática obrigatoria, para todas as persoas xurídicas e aos seus representantes, así como ás entidades sen personalidade xurídica.

A xornada celebrarase o martes, 15 de maio, baixo o nome “Tramitación electrónica en aproveitamentos madeireiros e leñosos - Faite dixit@l e tramita nun clic”. Haberá dúas sesións, unha de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, e outra de tarde, de 16.00 a 18.00 horas, nas instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, que serán retransmitidas por videoconferencia en 23 aulas da Rede CeMIT.

Cada ano tramítanse en Galicia milleiros de solicitudes de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos por empresas e particulares, que coa tramitación online poden realizar estar xestións en calquera momento  e sen desprazamentos. Cabe destacar que, aínda que a obrigatoriedade da xestión online non  abrangue aos particulares, si lles pode resultar interesante a xornada para realizar trámites como a declaración responsable, que lles permite realizar o aproveitamento forestal desde o mesmo intre da súa presentación, polo que a presentación electrónica ten unha utilidade inmediata.

O enfoque da xornada será práctico e estruturarase nos seguintes puntos:

Identificación de procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final.
 Aplicación de formularios CORWEB na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
 Presentación na Sede Electrónica con distintos medios sinatura electrónica.
 Rolda de preguntas.

Aulas CeMIT participantes na xornada

As persoas interesadas en seguir esta xornada poden achegarse á aula do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela ou ben a calquera das aulas CeMIT das seguintes localidades, que mostraron o seu interese en retransmitir a través de videoconferencia á mencionada xornada e así achegar esta formación por toda Galicia:

Xornada de mañá (de 10.00 a 12.00 horas):

 

Provincia

Concello

Dirección del Aula CeMIT

URL GoogleMaps

1

A Coruña

Santiago de Compostela

Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, 15703

https://goo.gl/maps/wiSyPDCdSc72

2

A Coruña

Fisterra

Rúa da Cerca, 7, 15155

https://goo.gl/maps/Xg4BTWvpjZ52

3

A Coruña

Ortigueira

Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n, 15330

https://goo.gl/maps/sWZtiSE2XYN2

4

A Coruña

San Sadurniño

Avda. Marqués de Figueroa, nº 11, 15560

https://goo.gl/maps/5nWodzYhEFF2

5

A Coruña

Vimianzo

Rúa A Braña, S/N, 15129

https://goo.gl/maps/vmjV2GGZLwD2

6

Lugo

Carballedo

Praza V. Portomeñe s/n – A Barrela, 27520

https://goo.gl/maps/DzmH1XQJJny

7

Lugo

Lugo

Praza de Castiñeiro, s/n, 27004 Lugo (Lugo)

https://goo.gl/maps/meigEeHxq8Q2

8

Lugo

Sarria

Casa da Cultura. Rúa Marqués de Ugena s/n, 27600

https://goo.gl/maps/6tnk3Y2iVXQ2

9

Ourense

Bande

Casa do Concello, 1º andar - Rúa San Roque, 2, 32840

https://goo.gl/maps/LHQJvZBenn72

10

Ourense

Carballiño

Praza Maior 1, 32500

https://goo.gl/maps/DTZz5bnopXT2

11

Pontevedra

A Cañiza

Progreso s/n, 36880

https://goo.gl/maps/Gkf9avjXant

12

Pontevedra

Redondela

Paseo do Pexegueiro nº6, 36693

https://goo.gl/maps/eUxSaZhyHS52

Xornada de tarde (de 16.00 a 18.00 horas):

 

Provincia

Concello

Dirección del Aula CeMIT

URL GoogleMaps

1

A Coruña

Santiago de Compostela

Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo, 15703

https://goo.gl/maps/wiSyPDCdSc72

2

A Coruña

Betanzos

R/ Emilio Romai, 1, 15300

https://goo.gl/maps/fXAoEfWik652

3

A Coruña

Ortigueira

Antigo Centro de Saúde. Rúa Márquez Cortiñas, s/n, 15330

https://goo.gl/maps/sWZtiSE2XYN2

4

A Coruña

Ribeira

Rúa 1 Cubeliño, s/n baixo, 15960

https://goo.gl/maps/zFfNZg54xBK2

5

A Coruña

Santa Comba

Centro Multiusos. Rúa Curros Enríquez, s/n, 15840

https://goo.gl/maps/GBnUuWv7hFA2

6

Lugo

Guitiriz

Rúa do Concello, s/n, 27300

https://goo.gl/maps/RTUE85u5hF42

7

Lugo

Riotorto

Circunvalación  s/n, 27744

https://goo.gl/maps/DxMbz1NPC452

8

Lugo

O Vicedo

Cidade de Mondoñedo 23, 27860

https://goo.gl/maps/2h133zcmAvE2

9

Ourense

Celanova

Parque das Triguerizas, s/n, 32800

https://goo.gl/maps/i93W2UaWPKt

10

Ourense

Vilar de Santos

Rua Celanova, 77, 32650

https://goo.gl/maps/zHs1gNcHtGF2

11

Ourense

Xunqueira de Ambia

Colexio Padre Crespo s/n, 32792

https://goo.gl/maps/ghc3GMPAPKq

12

Pontevedra

Cuntis

Casa do Médico - Circunvalación Don Aurelio, 65, 36670

https://goo.gl/maps/c82dzLwcWht

13

Pontevedra

Valga

Ferreirós nº 1, 36645

https://goo.gl/maps/rhdduvVDzsL2

14

Pontevedra

Vilanova de Arousa

Rúa O Cruceiro nº4, 36620

https://goo.gl/maps/X7Vu3T1SqRn

En total, ofrécense máis de 360 prazas, das que 50, (25 de mañá e 25 de tarde), están dispoñibles presencialmente na aula CeMIT no CDTIC en Santiago de Compostela e o resto para seguir por videoconferencia.

Inscrición á xornada

A asistencia ás sesións é de balde ata completar o aforo de cada aula, sendo recomendable a inscrición previa para garantir a reserva de praza.

No caso de asistir presencialmente nas instalación do CDTIC en Santiago de Compostela pode inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/e-madeira ) ou mesmo por correo no enderezo cdtic@xunta.gal .

No  caso de seguir a xornada por videoconferencia nalgunha das aulas CeMIT, a inscrición poderá realizarse tanto na web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal/buscador ), como contactando co responsable da aula CeMIT á que acudirá, ou ben enviado un correo a cemit@xunta.gal . Pódense consultar os datos de contacto das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/centros .