Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta leva investidos 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación no que levamos de ano

Esta aposta polos recursos humanos, como vai ocorrir coa próxima convocatoria de prazas do programa Parga Pondal, será en todo momento consensuada e definida cos centros destinatarios, para obter un sistema dimensionado correctamente

O Goberno da Xunta ten como un dos seus retos e obxectivos máis inmediatos a xestión axeitada do talento investigador e innovador como elemento fundamental para conseguir unha investigación relevante e de alto nivel de excelencia

Por este motivo, o novo plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, acordado e consensuado coas universidades, e que se atopa en fase de tramitación, prevé unha forte aposta polos recursos humanos en investigación, dende a etapa predoctoral, postdoctoral e de consolidación

A Xunta de Galicia leva investidos un total de 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación, o que demostra a forte implicación e aposta do Goberno galego neste eido.

Esta aposta, como vai ocorrir coa próxima convocatoria de prazas do programa Parga Pondal, será en todo momento consensuada e definida cos centros destinatarios, para obter un sistema dimensionado correctamente.

O Goberno da Xunta ten como un dos seus retos e obxectivos máis inmediatos a xestión axeitada do talento investigador e innovador como elemento fundamental para conseguir unha investigación relevante e de alto nivel de excelencia.

Por este motivo, o novo plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015, acordado e consensuado coas universidades, e que se atopa en fase de tramitación prevé unha forte aposta polos recursos humanos en investigación, dende a etapa predoctoral, postdoctoral e de consolidación.

A colaboración entre a Xunta e as universidades galegas para a elaboración do plan e a próxima convocatoria de prazas do programa Parga Pondal é unha mostra da responsabilidade e o rigor con que a Xunta traballa para o futuro da investigación, co obxectivo de dotar ao sistema dos recursos que pode absorber, e sempre negociando cos centros destinatarios as prazas precisas.

O Goberno galego, tal e como xa apuntou o conselleiro Javier Guerra en varias ocasión, atópase fortemente implicado na tarefa de acelerar a transición até un modelo económico baseado na xeración de coñecemento, unha estratexia na que a formación de recursos humanos constitúe un dos activos prioritarios, e mantense unha aposta sen fisuras pola formación de profesionais capaces de involucrarse na creación de valor e mais no fornecemento dun modelo sustentable para a I+D+i galega.