Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta lanza unha convocatoria de axudas para mellorar a cobertura móbil en zonas illadas do rural galego

• Publicada unha convocatoria de axudas a operadores por importe de 4 millóns de euros para o período 2021-2023
• O obxectivo é a cobertura de 290 entidades de poboación con carencias de cobertura en 65 concellos


A Xunta lanza unha convocatoria de axudas a operadores de telecomunicacións para facilitar a cobertura móbil en 290 núcleos illados do rural de 65 concellos por un importe de 4 millóns de euros para o período 2021-2023. Esta medida enmárcase no Plan autonómico para mellorar as comunicacións móbiles no rural, impulsado pola Amtega, e que acada un investimento global de 10 M€.

Os operadores interesados poderán presentar varios proxectos nos núcleos que elixan, que serán beneficiarios das axudas por orde de valoración ata esgotar a dotación orzamentaria prevista, e as entidades locais deberán achegar terreos para a execución das torres precisas por parte de Retegal, nas que se instalará o equipamento de comunicacións móbiles.

As redes obxecto de subvención deberán permitir a realización de chamadas de voz con calidade a través de terminais de usuario estándar (teléfonos móbiles), debendo garantir esta cobertura durante un período mínimo de 10 anos.

A convocatoria está financiada a un 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e contempla subvencións de ata o 90% de cada proxecto. A publicación desta convocatoria permite dar un paso máis no Plan de mellora de cobertura móbil que puxo en marcha o pasado ano a Amtega, en colaboración coa Fegamp.
Galicia propuxo esta solución á Comisión Europea, que é o organismo que ten que aprobar a convocatoria pública de axudas, coa que está manter contacto e intercambiando de información para poder dar resposta á demanda.

A pesar de que Galicia conta cunha cobertura móbil do 98%, á que contribuíron en boa medida os investimentos públicos para incentivar a extensión do 4G na Comunidade, aínda existen zonas rurais illadas e espazos naturais nas que non é posible realizar chamadas de voz a través do móbil.

A Xunta puxo en marcha esta iniciativa tras solicitar ao Estado a inclusión da cobertura móbil dentro do servizo universal de telecomunicacións para que, ademais do actual dereito de conexión fixa de internet de 1Mbps e de telefono fixo, os cidadáns poidan ter dereito á cobertura de móbil, en condicións previamente estipuladas.

Como alternativa inmediata a Xunta tras reunirse coa Comisión Europea para garantir a adecuación desta actuación a normativa europea, puxo en marcha este iniciativa, semellante á outras que están a levar a cabo en Italia e que tamén están a analizar en Alemaña.