A Xunta, en colaboración co concello da Cañiza, pon en marcha os novos equipos de TDT para dar servizo á parroquia de San Bartolomeu do Couto

Domingo 18 de Marzo de 2012

A Xunta, en colaboración co concello da Cañiza, pon en marcha os novos equipos de TDT para dar servizo á parroquia de San Bartolomeu do Couto

Comezarán a funcionar o vindeiro martes, polo que a partires desta data, os veciños da parroquia poderán acceder a máis de 26 canles da TDT a maiores dos analóxicos

Esta actuación forma parte do Plan da Xunta de Galicia da homoxeneización de coberturas, que, nestas semanas, está a acender 69 centros emisores cos novos

A posta en funcionamento dos novos equipos emisores de TDT para o centro de extensión de cobertura do sinal de televisión dixital na parroquia de O Couto (San Bartolomeu), que empezarán a funcionar o próximo martes día 20, permitirá mellorar ou acceder á oferta da Televisión Dixital Terrestre a preto de 390 persoas de dita parroquia no concello da Cañiza.

Esta actuación conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Oficina Técnica da TDT, quen axudaron ao Concello a preparación e tramitación de medicións e estudios técnicos necesarios para o seu correcto funcionamento.

Os veciños de San Bartolomeu beneficiados por estas instalacións, pasarán de ver os canais analóxicos de sempre a poder disfrutar de máis de 26 canles da TDT e radio, que se distribuirán da seguinte forma:

• Canle 31: Cuatro, Divinity, La Sexta, La Sexta3, GolTV
• Canle 48: A3, Neox, Nova, Discovery Max, AXN
• Canle 54: TVEHD, TDP (Teledeporte)
• Canle 58: TVG, G2, VTelevisión, Popular TV
• Canle 63: TVE1, TVE2, ClanTV, 24h
• Canle 68: Telecinco, La Siete, FDF, Intereconomía, Disney Channel.

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, dispor dun televisor preparado para visualizar a TDT ou dun decodificador externo, a continuación, bastará con realizar unha busca de canles no televisor ou no receptor de TDT. Así mesmo, para poder ver as canles que se emiten en alta definición será necesario que o receptor/decodificador dispoña dun sintonizador de alta definición HDTV.

Os veciños da parroquia de San Bartolomeu de O Couto poderán confirmar a calidade da cobertura na Oficina Técnica da TDT por vía telefónica -981 572 154-.