Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta aproba un investimento de 40 millóns de euros para avanzar nunha administración dixital do século XXI

• O Consello da Xunta aproba o III Plan de Administración e Goberno Dixital de Galicia
• A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia aposta pola automatización e axilización dos procesos, a xestión intelixente do dato e a identidade dixital da cidadanía
• A través de 7 eixos estratéxicos, o III Plan de Administración e Goberno Dixital implantará a identidade dixital da cidadanía, establecerá os sistemas para ofrecer unha atención proactiva e personalizada, e unha administración dixitalizada, automatizada, intelixente e accesible
• Unha das iniciativas para incrementar a accesibilidade será a activación da aplicación móbil Xunta EU, que permitirá “levar a Xunta no móbil”, concentrando nun único punto todos os servizos transversais da Xunta
• O novo plan busca transformar o xeito no que se desenvolven os servizos públicos grazas ao potencial das tecnoloxías innovadoras e tras acadar unha madurez dixital tras as medidas dos dous plans anteriores, nos que se investiron preto de 60 millóns


O Consello da Xunta aprobou hoxe o III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 para transformar a forma na que desenvolve o seus servizos apoiándose en dous elementos diferenciais, a xestión do dato e a intelixencia artificial. Cun investimento de 40 millóns de euros o plan establece a folla de ruta para deseñar uns servizos públicos centrados na cidadanía capaces de adiantarse as súas necesidades, accesibles e confiables.

O Plan enmárcase na primeira liña estratéxica de Estratexia Galicia Dixital 2030 e integra os valores que promove a EGD para dar un paso adiante no servizo público promovendo a axilidade a través da automatización dos procesos; a inclusión, impulsando a universalización dos servizos públicos; a participación, afondando nas posibilidades da xestión intelixente do dato; a proactividade a proximidade, a personalización do servizos e o reforzo da seguridade para crear unha contorna confiable para a cidadanía

 

Identidade dixital

O plan estrutúrase en 7 liñas de traballo que comezan pola posta en marcha da identidade dixital do cidadán. Trátase de implantar unha identificación única de cada persoa que se relaciona coa administración, que inclúe tanto a simplificación da sinatura dixital como o desenvolvemento de servizos avanzados na carpeta cidadá, que cobrará especial importancia como punto no que se concentra toda a información e documentos en formato electrónico da relación da persoa coa administración.

 

Administración proactiva, personalizada

A segunda liña do Plan céntrase na Administración proactiva e personalizada para o que porá en marcha un modelo de atención omnicanle, especializado e proactivo para a atención co cidadán.

A aplicación da intelixencia Artificial permitirá a creación de asistentes virtuais, tanto dun primeiro nivel de atención para resolver as cuestións máis sinxelas e asistentes virtuais especializados para acompañar aos cidadáns nos ámbitos máis específicos.

Tamén se dotará as oficinas de atención a cidadanía e rexistro para que o persoal das mesmas poida prestar unha atención completa e personalizada, a posta en marcha do funcionario habilitado; facilitar o acceso aos servizos da oficina estendendo os servizos de xestión de citas e a videoatención e habilitar áreas de autoservizo.

Evolucionarase a sede electrónica creando canles especializadas e a canle Galicia Empresa para ofrecer un acompañamento especializado para a tramitación dos proxectos industriais estratéxicos e as iniciativas empresariais prioritario.
 

A Xunta no móbil

Unha das iniciativas destacadas para facilitar a accesiblidade aos servizos públicos é o desenvolvemento dunha aplicación de referencia que concentrará os servizos transversais da Xunta nun só punto. A app XuntaEU resposta ao compromiso recollido na EGD 2020 de levar a Xunta no móbil.

XuntaEU permitirá xestionar desde o móbil o acceso á carpeta do cidadá, notificacións electrónicas, queixas suxestións, avisos, ou descargas de certificados persoais, entre outros moitos servizos.

 

Administración dixitalizada e automatizada

A terceira liña centrada na consecución dunha administración dixitalizada e automatizada aplicaranse tecnoloxías e automatización robótica de procesos (RPA), afondarase na interoperabilidade, ampliaranse novos servizos da plataforma Pasaxe!. Tamén se avanzará na sinatura dixital en mobilidade para os empregados públicos poidan facer uso dela desde calquera dispositivo.  Ademais, nas oficinas de atención á cidadanía implantarase a sinatura manuscrita dixitalizada, que evitará a impresión e posterior dixitalización dun documento.

 

Administración Intelixente

A xestión do dato é un dos piares do plan, que contempla o deseño dun plan de xestión corporativa do dato para desenvolver produtos e servizos avanzados, convertendo o dato en coñecemento aplicando tecnoloxías para a análise do que está a acontecer e facilitar a toma de decisións.

Nesta mesma liñas abordarase a mellora continua dos espazos de transparencia, para o que afondará na automatización de información, a ampliación de contidos e a simplificación de acceso aos mesmos como nas canles de participación na planificación da acción pública.

 

Espazo dixital do emprego público

En liña co establecido na EGD2030 de evolucionar cara un modelo intelixente de posto de traballo do empregado público crearase unha canle dixital na xestión do emprego público, estenderse o expediente dixital do persoal emprego público, revisarse o modelo de acreditación dixital e consolidarase a actual intranet como un espazo de colaboración e comunicación integrada.

 

Administración Accesible

A consolidación dunha administración dixital require unha utilización ampla e axeitada por parte da cidadanía. Nesta liña cobra especial importancia o desenvolvemento do Marco Galego de Competencias Dixitais ademais doutras iniciativas como facer fincapé no deseño sinxelo e comprensible dos servizos públicos por parte da cidadanía. Tamén se incidirá na difusión dos servizos públicos dispoñibles  o se aproveitamento.

 

Gobernanza e coordinación

Neste plan seguen vixentes instrumentos de coordinación como a comisión de Seguridade e Goberno electrónico, na que están representadas todas as consellerías da Xunta de Galicia. Darase continuidade á modelo de cooperación interadministrativa tanto a nivel da comunidade como coa Administración xeral do Estado. Outro instrumento chave nesta liña é o sistema de indicadores de administración que recolle a nivel de uso dos diferentes sistemas da Administración dixital o que permite a avaliación, análise e control das actuacións que se desenvolven. Aliñado co Marco Galego de Competencias Dixitais desenvolveranse os plans de capacitación do empregado público.