Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta aposta polo software libre en proxectos de calado do ámbito educativo e da administración electrónica

Máis de 52.000 alumnos de Abalar de preto de 48.000 usuarios da rede de aulas CeMIT empregan equipos con software de fontes abertas.

Destaca a achega galega ao software libre da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre e o resto dos axentes galegos deste ámbito e súa colaboración no Plan de Acción de Software Libre da Administración autonómica.

A Cidade da Cultura acolle hoxe e mañá o encontro internacional de software libre, LibreCon 2015, en cuxa apertura interviñeron a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera.


A responsable da política tecnolóxica da Xunta destacou a achega galega ao software libre da asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e dos axentes galegos deste ámbito, que colaboran coa Xunta no Plan de Acción de Software Libre, que o Goberno galego vén elaborando desde 2010. Unha folla de ruta anual con actuacións para impulsar o uso e coñecemento das tecnoloxías abertas, tanto dento da propia administración como por parte da cidadanía e do sector empresarial.

Pereira destacou que Galicia aposta polo software libre en iniciativas estratéxicas da súa Axenda Dixital. Tanto o Proxecto de educación dixital Abalar, que está implantado en 531 centros educativos e é utilizado por máis de 52.000 alumnos, como as 98 aulas públicas da Rede CeMIT que contan con máis de 47.000 usuarios, están a funcionar exclusivamente con Software Libre.

Tamén se empregan ferramentas de software libre noutros proxectos de calado para a Administración como o Arquivo Dixital Integrado ou no Sistema de Rexistro Único da Xunta de Galicia (AIRES). Este cambio tamén está chegando paulatinamente aos escritorios do empregados públicos. Actualmente, máis de 8.800 equipos, que supoñen o 75% do parque de ordenadores xestionado pola Amtega, dispoñen do navegador web libre e o paquete ofimático LibreOffice.

Compartir e reutilizar
A directora da Amtega destacou que a Administración autonómica avoga polas políticas de reutilización de software e as aplica, implantando sistemas liberados por outras administracións como Wand@ e Notifica@, desenvolvidas pola Junta de Andalucía. A Administración galega contribúe tamén a reutilización e conta, actualmente, con 11 proxectos liberados, que tamén foron incorporados o portal do Centro de Transferencias Tecnolóxicas do Estado para favorecer a o seu uso por terceiros.

Pola súa banda, o director do Igape, Javier Aguilera, destacou na súa intervención o importante papel que xogan os desenvolvedores de software e de hardware na nova revolución industrial que se está a promover en Galicia a través da Axenda da Competitividade Industrial: a da industria 4.0, na que a dixitalización da industria, a través do aproveitamento de tecnoloxías como o internet das cousas ou o big data son fundamentais, impulsando a conectividade e a personalización dos produtos cara o cliente.

Aguilera subliñou que a industria 4.0 supón unha enorme oportunidade para a economía galega, polo que, asegurou, “non só temos que saber o que supón e ser usuarios da mesma, senón que tamén temos que ser promotores”.