Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta actualiza a plataforma web da TDT coa incorporación de novas funcionalidades e unha xestión de contidos máis áxil e atractiva para o internauta

Con máis de 5.000 consultas ao mes, www.tdtgalicia.es é un referente para os profesionais e técnicos de televisión e para os cidadáns interesados en coñecer o estado de cobertura e as condicións técnicas da súa área de residencia

A plataforma web da Televisión Dixital Terrestre da Xunta (www.tdtgalicia.es) está a ser actualizada coa incorporación de novas funcionalidades e unha xestión de contidos máis áxil e atractiva para o usuario. Está previsto que ao final da xornada de hoxe todos os servizos do portal público estean en funcionamento co novo formato. Os traballos de mellora deste site que aglutina a información oficial da Xunta de Galicia sobre a TDT tamén afectan á aplicación para smartphones, iTera, e ao servizo Webgis da TDT.

Máis de 5.000 consultas ao mes, cunha media de 170 diarias, fan deste portal un referente para os profesionais e técnicos da televisión e para os cidadáns interesados en coñecer o estado de cobertura e as condicións técnicas na súa área de residencia. O obxectivo das melloras introducidas é manter este sitio coma referente da información de TDT en Galicia, dinamizando o seu uso.

Estas melloras consisten nunha gama de novas funcionalidades que aportarán maior dinamismo nas redes sociais ao portal da TDT de Galicia. Así, posibilítase compartir a través de twitter, Google+, Facebook e similares, os artigos e novas publicadas no sitio, de xeito que se acade unha maior e máis rápida difusión dos mesmos. Adicionalmente crearase un novo apartado para a consulta das novas máis significativas referentes a TDT en España e en Galicia publicadas nos medios de comunicación nos últimos días.

O portal web facilita información sobre a situación actual da TDT en Galicia e os datos de cobertura de xeito particularizado para cada entidade de poboación. Desde o portal www.tdtgalicia.es tamén se pode descargar a aplicación de realidade aumentada para dispositivos móbiles iTera, desenvolvida pola Xunta de Galicia, que facilita ao usuario unha información pormenorizada da cobertura de TDT en función do seu emprazamento.