A Xunta achegarase á cidadanía a través do móbil

Venres 31 de Maio de 2013

A Xunta achegarase á cidadanía a través do móbil

O Consello da Xunta acordou que AMTEGA sexa o organismo responsable das aplicacións móbiles da Administración autonómica

O Consello da Xunta acordou esta mañá que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) será o organismo encargado da tramitación, xestión, mantemento ou retirada de aplicacións para móbiles e outros dispositivos electrónicos de calquera organismos da Administración autonómica para plataformas Android e iOS que se publicarán baixo a denominación única de Xunta de Galicia. Deste xeito facilítase á cidadanía a identificación das diferentes aplicacións publicadas pola Administración autonómica e contribúese a aumentar a confianza de quen as usa, ao actuar a Xunta como garante da súa fiabilidade e actualización.

Esta medida está enmarcada no Plan de Modernización Autonómica, que busca conseguir unha Administración aberta as 24 horas os 365 días do ano grazas ao uso de medios telemáticos, para o que achéganse aos teléfonos móbiles, que están a converterse no soporte máis empregado no mundo para conectarse á Internet, polo que a Administración non pode ser allea desta tendencia, e facilitará o acceso móbil aos servizos da Xunta de xeito progresivo.