Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica garante “o compromiso e a aposta decidida da Xunta por abrir espazo ao talento galego”

Mar Pereira que presentou, este mediodía, a terceira edición do libro ‘Sistemas de información: Herramientas prácticas para la gestión’, subliñou a importancia das novas tecnoloxías como “un magnífico instrumento para lograr o progreso económico da nosa comunidade, así como unha oportunidade para conseguir a cohesión social interna e potenciar a Galicia única”. Agradeceu a INEO o seu firme propósito de seguir impulsando as telecomunicacións, baseándose nas súas fortalezas: o talento dos profesionais, das empresas e das universidades galegas.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, garantiu, durante a presentación, este mediodía, da terceira edición do libro ‘Sistemas de información: Herramientas prácticas para la gestión’, “o compromiso e a aposta decidida do Executivo autonómico por abrir espazo ao talento galego”.

Neste senso, Mar Pereira lembrou, na súa intervención, que “o Goberno da Xunta sabe que as novas tecnoloxías son un magnífico instrumento para lograr o progreso económico da nosa comunidade, así como unha oportunidade para conseguir a cohesión social interna e potenciar a Galicia única, converténdose deste xeito no referente nas relacións de toda a sociedade en xeral”.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica quixo, tamén, agradecer a INEO (Asociación Multisectorial de las Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación) o seu firme propósito de seguir impulsando as telecomunicacións, baseándose nas súas fortalezas: o talento dos profesionais, das empresas e o talento das universidades galegas. “Grazas –dixo- polo apoio ás empresas e aos profesionais en todas as actividades no ámbito das TIC, que melloran deste xeito a competitividade de Galicia”.

No tocante ao libro, Mar Pereira subliñou que “estamos diante dunha publicación de referencia en canto á aplicación das novas tecnoloxías nas empresas para a modernización do tecido industrial, ata o punto de que, neste intre, -aseverou- este texto é utilizado como libro de referencia en máis de 50 universidades de España e Latino América nas materias de Sistemas de Información, en carreiras como Empresariais ou en Enxeñerías sendo o texto nesta materia con maior difusión en lingua española”.

Nesta terceira edición, na que se completan os contidos tanto a nivel conceptual como nas ferramentas prácticas que se presentan ao longo da obra, os autores ensinan cómo as TIC poden mellorar as empresas e organizacións analizando as principais aplicacións que ofrecen a posibilidade de xestionar a información e o coñecemento, e incidindo en cales son os factores chave a ter en conta para a súa correcta implantación.