A Secretaría Xeral de Medios presenta un titorial sobre formación en liña e a distancia que permitirá coñecer aos usuarios dos Telecentros de Comunicación os recursos existentes neste eido

Xoves 10 de Decembro de 2009

A Secretaría Xeral de Medios presenta un titorial sobre formación en liña e a distancia que permitirá coñecer aos usuarios dos Telecentros de Comunicación os recursos existentes neste eido

O titorial enmárcase dentro da campaña Comunícate que a Secretaría Xeral de Medios, a través do Centro Multimedia de Galicia, desenvolve para dar a coñecer as posibilidades que ofrecen os telecentros de comunicación á cidadanía. A directora do grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC, Beatriz Cebreiro, e a xefa de Servizo de Programación Multimedia da Secretaría Xeral de Medios, Felicitas Rodríguez, foron as encargadas de presentar hoxe o titorial na sede do Centro Multimedia de Galicia. O acto puido seguirse, a través de videoconferencia, nos telecentros de comunicación de Guitiriz, Oroso, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Tui.

A xefa de Servizo de Programación Multimedia da Secretaría Xeral de Medios, Felicitas Rodríguez, e a directora do grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC, Beatriz Cebreiro, presentaron hoxe o titorial “Formación en liña e a distancia” co obxectivo de amosar aos usuarios dos telecentros de comunicación as ferramentas e recursos existentes neste eido. O titorial foi presentado no Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela e puido seguirse a través de videoconferencia nos telecentros de comunicación de Guitiriz, Oroso, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Tui.

A xefa de Servizo de Programación Multimedia da Secretaría Xeral de Medios, Felicitas Rodríguez, lembrou que “este titorial xurde no marco do proxecto multimedia de formación da campaña “Comunícate” coa que a Secretaría Xeral de Medios pretende incorporar os telecentros de comunicación como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía”. Segundo Felicitas Rodríguez, “os titoriais naceron co obxectivo de facilitar aos usuarios dos telecentros de comunicación (colectivos, asociacións, etc…) determinadas funcionalidades e potencialidades que se poden realizar dende os mesmos”.

Pola súa banda, a directora do grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC, Beatriz Cebreiro, detallou na súa intervención os principais conceptos relacionados coa formación en liña e a distancia e ofreceu unha explicación detallada das ferramentas máis habituais neste eido.

Dende hoxe, o titorial sobre formación en liña e a distancia estará dispoñible, para todos aqueles interesados, nos distintos telecentros de comunicación dependentes do Centro Multimedia de Galicia. Desenvolvidos en Flash, os titoriais están pensados para un público con escasos coñecementos informáticos e tratan sobre distintos temas relacionados co mundo das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación audiovisual.

A través da campaña Comunícate preténdese dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen os telecentros de comunicación para convertelos en puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, de formación e de promoción do audiovisual galego.

Telecentro de comunicación
Un TC é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia) dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.