Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

A Rede CeMIT conectará a preto de 1.600 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

Alumnado de entre 3 e 7 anos de 34 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 11 e 21 de decembro
Por décimo ano consecutivo a Rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia

Entre os días 11 e 21 de decembro preto de 1.600 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Os escolares de Educación Infantil de Betanzos, Celanova e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 11 de decembro a partir das 11 da mañá, cunha duración de media hora en cada aula.

Por toda Galicia

Nos seguintes días, ata o 21 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de  Abegondo, Bande, Beariz, Boiro, Burela, A Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Catoira,  Cerceda, Ferrol, Fisterra, A Fonsagrada, Leiro,  Marín. Muros, Ourense, Ortigueira, Oroso, Pontedeume, As Pontes, Quiroga, Ribeira, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 32 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel.

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e as persoas con trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu décimo aniversario, é facilitar a comunicación entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa.

Con este tipo de experiencias, a Rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:

http://cemit.xunta.es/centros.

*Xúntase cadro cos horarios de conexión de cada aula

 

LUNS
11 DECEMBRO

 

10:00

MUROS

EEI de Muros

11:00

CELANOVA

Colexio Curros Enríquez

12:00

BANDE

C.E.I.P. Xoaquín Lourenzo Xocas

 

MARTES
12 DECEMBRO

 

10:30

BETANZOS

Pai Menni

11:00

CELANOVA

Colexio Sagrado Corazón

12:00

BARREIROS

CEIP San Cosme

 

MÉRCORES
13 DECEMBRO

 

10:30

MARÍN

 

11:00

BETANZOS

E.I. Galiña Azul

11:30

SARREAUS

C.E.I.P. de Sarreaus

12:00

OROSO

CEIP do Camiño Inglés

12:30

OROSO

CEIP do Camiño Inglés

13:00

OROSO

CEIP do Camiño Inglés

 

XOVES
14 DECEMBRO

 

10:00

VALGA

CRA de Valga

10:30

ARZÚA

CPR Nª Sra do Rosario

11:00

PONTES, AS

CEIP A Fraga

11:30

PONTEDEUME

CEIP Pontedeume

12:00

PONTES, AS

CEIP A Fraga

12:30

VALGA

CRA de Valga

 

VENRES
15 DECEMBRO

 

10:00

FERROL

Colexio Belén

10:30

ARZÚA

CEIP ARZÚA

11:00

SANTA COMBA

CPR Plurilingüe Nª Sra Inmaculada

11:30

VICEDO, O

CEIP O Vicedo

12:00

BOIRO

CEIP Santa Baia

12:30

BOIRO

CEIP Santa Baia

13:00

VICEDO, O

CEIP O Vicedo

 

LUNS
18 DECEMBRO

 

10:00

BURELA

Virxe do Carme

10:30

ABEGONDO

CEIP San Marcos

11:00

FISTERRA

CEIP Areouta + CEIP Mar de Fóra

11:30

VIMIANZO

CEIP San Vicenzo

12:00

FISTERRA

Nosa Señora do Carme

12:30

VIMIANZO

CEIP San Vicenzo

13:00

CASTRO CALDELAS

CPI Virxe Dos Remedios

 

MARTES
19 DECEMBRO

 

10:00

BEARÍZ

CEIP Beariz

10:30

BARREIROS

CEIP San Miguel

11:00

CATOIRA

CPI Progreso de Catoira

11:30

CAÑIZA, A

CPI da Cañiza

12:00

XUNQUEIRA AMBÍA

Padre Crespo

12:30

CAÑIZA, A

CEIP de Valeixe

13:00

LEIRO

C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán

 

MÉRCORES
20 DECEMBRO

 

10:00

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

10:30

CERCEDA

CPI O Cruce

11:00

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

11:30

CERCEDA

CPI O Cruce

12:00

VILAGARCÍA

VAGALUME

12:30

QUIROGA

CEIP de Quiroga

13:00

VILAGARCÍA

Bata (Asociación de Autismo)

 

XOVES
21 DECEMBRO

 

10:00

RIBEIRA

CEIP Galaxia

10:30

RIBEIRA

CEIP Galaxia

11:00

CARBALLEDO

Xose Luis Taboada - A Barrela

11:30

OURENSE

CEIP as Mercedes

12:00

FONSAGRADA, A

CEIP Sa María  / E.I.l Galiña Azul