Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Directora da Amtega afirma que Galicia dispón dun marco estratéxico para impulsar unha dixitalización sustentable e inclusiva

• Sinalou que a Estratexia Galicia Dixital 2030 é o instrumento para impulsar a transformación dixital, favorecendo a acción conxunta das administracións e a participación activa do sector privado
• Lembrou que o Goberno autonómico puxo en marcha este ano a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial para avanzar cara unha economía baseada no coñecemento
• Avanzou que en xaneiro do 2022 entrará en vigor o Marco Galego de Competencias Dixitais para garantir unha dixitalización inclusiva
• Fixo fincapé en que a especialización do sector tecnolóxico é clave para o aproveitamento dos fondos europeos para a dixitalización
• Para avanzar nos obxectivos da dixitalización marcados na EDG20203 a Amtega disporá en 2022 duns orzamentos de 210 millóns de euros, un 80% máis que nos orzamentos prepandemia
• Mar Pereira impartiu hoxe a conferencia “Un marco estratéxico para a vindeira década dixital” no marco do curso “A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital” organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo


A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, afirmou hoxe que Galicia dispón dun marco estratéxico para impulsar unha dixitalización sustentable e inclusiva   e que o traballo feito tras dez anos de axendas dixitais nos sitúa nunha boa posición para afrontar os retos da transformación dixital que marca Europa. Ademais fixo fincapé en que a especialización do sector tecnolóxico é clave para o aproveitamento dos fondos europeos para a dixitalización.
 
A responsable autonómica impartiu hoxe a conferencia “Un marco estratéxico para a vindeira década dixital” no marco do curso “A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital” organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo na Coruña. 
 
Mar Pereira afondou en tres medias chave na dixitalización de Galicia, a Estratexia Galicia Dixital 2030, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e o Marco Galego de Competencias Dixitais, sen esquecer a importancia do talento dixital e o pulo dos fondos europeos.
 
A directora da Axencia lembrou que Galicia ten en marcha unha folla de ruta para potenciar o aproveitamento da tecnoloxía para impulsar o desenvolvemento rexional, a Estratexia Galicia Dixital 2030. A EDG2030 prevé mobilizar un investimento público-privado de 4.000 millóns de euros e ofrece un marco de gobernanza entre as distintas administracións que pode ser chave para executar de maneira efectiva os proxectos de dixitalización vinculados ao plan de recuperación e resiliencia.
 
Respecto da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, que se puxo en marcha este ano, Mar Pereira indicou que avoga por unha aplicación da IA de vangarda, ética e segura que a permita avanzar cara a unha economía baseada no coñecemento. Incidiu en que a Intelixencia Artificial mellorará a xestión administrativa e permitira afrontar os desafíos que se lle presentan á rexión de maneira inminente, como o cambio demográfico e a transición ecolóxica, recollidos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable
 
Galicia aposta por unha dixitalización inclusiva, por iso, segundo lembrou Pereira  Galicia foi das primeira comunidades en adaptar o Marco Europeo de Competencias Dixitais e crear o Marco galego de Competencias Dixitais, que entrará en vigor en xaneiro do 2022. Permitirá aos galegos obter unha certificación das súas habilidades dixitais, favorecendo a inclusión dixital, a capacitación e a empregabilidade.
 
A directora da Amtega quixo destacar a importancia do ecosistema dixital galego en todo este proceso cun hipersector TIC integrado por máis de 3.000 empresas e 24.000 traballadores e que prevé a creación de 4.500 postos de traballo nos vindeiros cinco anos. Salientou que é preciso reter talento e impulsar a especialización neste ámbito, algo que se prevé na EDG2030 a través dos Nodos 5G, de IA e ciberseguridade, así como cos hubs de innovación dixital e a posta en marcha da Cidade das TiC como polo de innovación de referencia nacional e internacional. Fixo especial fincapé en que a especialización do sector tecnolóxico será chave para o aproveitamento dos fondos europeos para a dixitalización
 
Finalmente, destacou que para avanzar en todos estes obxectivos a Amtega conta este ano cun orzamento de 210 millóns de euros, cun importante incremento grazas á converxencia no tempo dos dous períodos do Marco Financeiro Plurianual da UE e os fondos extra do Next Generation, que veñen apoiar a dixitalización como motor da recuperación económica.