Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Consellería de Presidencia incorpora novos procedementos ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias. Neste caso, os novos procedementos incorporados son os seguintes: - Axudas para proxectos de enerxías renovables - Axudas para aforro e eficiencia enerxética. Os procedementos para a tramitación electrónica estarán dispoñibles no enderezo http://www.xunta.es/servicios/