A Consellería de Presidencia e a Secretaría Xeral de Modernización presentan o luns o Plan Senda 2014 para implantar as novas tecnoloxías na xustiza nas Xornadas “As TIC ante o reto da Modernización da Xustiza”

Martes 14 de Xuño de 2016

A Consellería de Presidencia e a Secretaría Xeral de Modernización presentan o luns o Plan Senda 2014 para implantar as novas tecnoloxías na xustiza nas Xornadas “As TIC ante o reto da Modernización da Xustiza”

Xuices, fiscais e funcionarios analizarán a situación actual as posibilidades de mellora que ofrecen as novas tecnoloxías na Xustiza. Intervirán tamén o director xeral de Modernización da Administración de Xustiza do Ministerio de Justicia, José de la Mata, e o vocal para Galicia do Consello Xeral do Poder Xudicial, José Manuel Almenar.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inaugurará o vindeiro luns, 14 de xuño, as Xornadas “As TIC ante o reto da Modernización da Xustiza” durante as que se presentará o Primeiro Plan de Sistemas TIC na Administración da xustiza: Senda 2014 para implantar as novas tecnoloxías no ámbito xudicial.

O Plan Senda 2014 busca dar solución as actuais dificultades coas que se atopan os profesionais do eido xudicial no uso das novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, dar resposta ás necesidades que establece a Nova Oficina Xudicial. Cun orzamento de 34 millóns de euros en catro anos, o Plan Senda 2014 establece, por primeira vez, unha folla de ruta para acadar unha xustiza máis eficaz, transparente e próxima á cidadanía, completando o proceso de informatización ata chegar ao expediente xudicial electrónico e mellorando a interoperabilidade entre sistemas de información dos distintos organismos e conseguir que sexa.

Interoperabilidade  
A Xornada analizará a través de dúas mesas redondas as posibilidades de mellora que ofrecen as novas tecnoloxías na Xustiza. Baixo o título “A Cooperación Institucional para acadar a interoperabilidade”, intervirán o director xeral de Modernización da Administración de Xustiza do Ministerio de Justicia, José de la Mata, o vocal para Galicia do Consello Xeral do Poder Xudicial, José Manuel Almenar e a subidirectora Xeral de Sistemas da Información e Modernización da Xunta, María José García Sexto, que explicará o contido e as accións do Plan Senda 2104. A mesa estará moderada polo director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.

As TIC na Xustiza  
A segunda mesa, moderada pola secretaria Xeral de Modernización, Mar Pereira, abodará o tema, “As TIC na Xustiza, unha oportunidade” e nela exporán a súa experiencia e expectativas ao respecto o xuíz decano dos Xulgados de Vigo, Germán maría Serrano, o fiscal xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, o secretario coordinador de Ponteveda, Eduardo Sánchez Tato, e o funcionario do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 da Coruña, Roberto Rocha.

A xornada está dirixida ao persoal da Administración de xustiza, colexios profesionais e empresas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación especializadas nos aplicativos do ámbito xudicial.