Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Consellería de Cultura e Educación recibiu a representantes de 13 países interesados no Proxecto Abalar

A visita forma parte do “Lifelong Learning Programme” e nel participan profesores, investigadores e coordinadores TIC

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema recibiu hoxe, en nome da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aos 16 participantes no Abalar project in Galicia. Part of the School 2.0 programme for the digital classroom.

Esta visita de estudos forma parte do Programa de Aprendizaxe Permanente, establecido por Decisión do Parlamento Europeo e o Consello do 15 de novembro de 2006, programa que abrangue o período entre 2007 e 2013. Nela interveñen coordinadores de relacións internacionais, directores de centros, asesores, orientadores pedagóxicos, profesores universitarios, investigadores, coordinadores TIC, e profesorado de tecnoloxía e loxística, procedentes de trece países.

O proxecto está integrado no programa Lifelong Learning Programme, coordinado polo European Centre for the Development of Vocational Training (CEDEFOP) e ten como obxectivo contribuir ao desenvolvemento de políticas e cooperación en materia de aprendizaxe permanente en Europa.

A visita desenvolverase ata o vindeiro venres 23 de marzo, e durante estes días, os participantes desprazaranse a diferentes centros educativos de Galicia, onde manterán reunións de traballo co profesorado co obxectivo de intercambiar experiencias sobre a integración das TIC no currículo. Igualmente, participarán en mesas redondas con profesorado e alumnado, e terán ocasión de visitar diferentes comarcas galegas e así mesmo, aproveitarase para mostrarlles a riqueza cultural da cidade compostelá.

Obxectivos da visita

Entre os obxectivos da visita están o achegar informacións sobre a conceptualización do proxecto Abalar e a súa posta en práctica, coa finalidade de que sirva de base para a reflexión, o contraste e o intercambio de experiencias sobre os modelos de políticas educativas no eido das TIC dos países representados polas persoas asistentes á visita.

Así mesmo pretendese enriquecer o fluxo de información entre os países participantes para mellorar a integración das TIC nas políticas educativas; promover o intercambio de coñecemento e experiencia entre os participantes e desenvolver estratexias de colaboración no marco dos programas europeos co fin de proporcionar un foro de debate permanente e activo sobre a implantación e o impacto das tecnoloxías da información e da comunicación nos países participantes e, en xeral, en Europa.

Na súa intervención de benvida, o director Xeral de Educación remarcou a importancia de este tipo de reunións de traballo, que permiten coñecer as experiencias que se levan a cabo en diferentes países e que combinan, dun modo efectivo, as tecnoloxías da información e da comunicación, a innovación e a aprendizaxe autónoma. Ao mesmo tempo, esta experiencia permitirá a diferentes especialistas en educación familiarizarse cos sistemas educativos dos países da Unión Europea. José Luis Mira trasladou aos participantes o interese da consellería en promover os programas internacionais dos centros educativos galegos, así como en desenvolver programas de cooperación entre os países da Unión Europea.

Convocatoria no DOG

Tras informarlles de que hoxe, 20 de marzo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2012-2013, Mira Lema explicou que como parte da infraestrutura necesaria para dar soporte ao proxecto Abalar, durante os cursos académicos 2010-2011 e 2011-2012, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ampliou e adaptou os recursos necesarios para a creación de aulas dixitais nos centros de ensinanza non universitaria sostidos con fondos públicos, concretamente nos cursos de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.

Por iso, é necesario agora continuar o proceso de incorporación de novos centros educativos á Rede Abalar para participar no procedemento de selección aqueles centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan no curso 2012-2013 ensinanzas de 5º de educación primaria ou 1º de educación secundaria obrigatoria, sempre que no actual curso non estivesen integrados na Rede Abalar.