Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A conselleira de Facenda recolle esta noite o galardón ‘Proxecto Innovador’ polo sistema de facturación electrónica da Xunta

O premio é outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Ao acto asistirán tamén o conselleiro de Educación e a secretaria xeral de Modernización

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, recolle esta noite o galardón ‘Proxecto Innovador’ outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e que premia o sistema de facturación electrónica da Xunta de Galicia pola súa innovación e servizo público.

Á entrega do premio que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos en Santiago, durante a celebración da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, asistirán tamén o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad; e a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, que recollerá o premio á estratexia tecnolóxica global da Xunta pola iniciativa 2014.gal Axenda Dixital de Galicia.

O Goberno galego puxo en marcha o sistema electrónico de facturas para garantir o pagamento nun máximo de 45 días, 15 menos que o prazo legal vixente. Na actualidade, conseguiu reducir a menos de 30 o tempo medio de pagamento das facturas aos seus provedores

Do total de facturas que se están a tramitar, un 17,5% son electrónicas, o que supón un 16,2% do importe total de facturación, unha porcentaxe que crece mes a mes. Con estes datos a evolución do sistema electrónico de facturación progresa en sintonía co obxectivo de que neste ano se acade que un 20% das facturas sexan electrónicas.

Na actualidade preto de 1.000 empresas presentaron xa facturas a través do sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia.

A implantación desta medida está enmarcada na estratexia global da Xunta de Galicia que ten o obxectivo de acadar unha administración máis áxil, eficiente e cercana aos cidadáns.