A conselleira de Facenda e a secretaria xeral de Innovación recolleron sendos galardóns no decurso da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Luns 15 de Febreiro de 2010

A conselleira de Facenda e a secretaria xeral de Innovación recolleron sendos galardóns no decurso da II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás,  e a secretaria xeral de Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira,asistirón á II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. No decurso do acto, Marta Fernández recolleu o premio ao Proxecto Innovador polo Sistema Electrónico de Facturación, mentres que Mar Pereira foi a encargada de recoller o premio á Iniciativa da Administración que o Colexio de Enxeñeiros en Informática lle concedeu este ano a 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, a estratexia tecnolóxica global da Xunta de Galicia.