A Amtega recibe o premio Galicia TIC á mellor iniciativa tecnolóxica polo plan Dico Mindset para impulsar os contidos dixitais

Xoves 07 de Febreiro de 2019

A Amtega recibe o premio Galicia TIC á mellor iniciativa tecnolóxica polo plan Dico Mindset para impulsar os contidos dixitais

• O Clúster TIC recoñece as medidas en marcha do Plan como a colaboración coa CRTVG para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo ou a posta en marcha dunha aceleradora dixital con R

O Cluster TIC de Galicia vén de recoñecer o Plan Dico Mindset, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), como a Mellor iniciativa TIC nos Premios Galicia TIC 2019, que se entregaron esa tarde na Coruña no marco da IX edición do Laconnetwork.

Co premio Iniciativa TIC, o Clúster recoñece a o labor de organismos ou entidades públicas ou privadas que axudan á creación, lanzamento, asentamento de empresas ou ao propio emprendedor.

A Amtega puxo en marcha o Plan DicoMindset en 2018 impulsar a modernización e innovación tecnolóxica do sector de contidos dixitais e dinamizar a xeración e posta en marcha de proxectos para a transformación dos sectores produtivos de Galicia, aproveitando as oportunidades que brindan as novas tecnoloxías En colaboración co Clúster TIC e co Cluster do Audiovisual de Galicia búscase configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste momento aglutina en torno a 900 empresas con preto de 5.400 empregados.

Entre as iniciativas en marcha están o proxecto en colaboración coa  Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas de consumo, e a creación dunha aceleradora de contidos dixitais con R.