Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega publica o catálogo de produtos, servizos e provedores de Software Libre en Galicia no portal Mancomún

É unha ferramenta de consulta web que permite a procura por categorías da oferta existente en Galicia deste tipo de solucións e das empresas que as ofrecen

Baséase na información rexistrada no MapaTIC.gal, un directorio web na que están rexistradas preto de 200 empresas e 400 produtos e servizos tecnolóxicos

Co obxectivo de favorecer a visibilidade deste tipo de solucións, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de publicar o Catálogo de Produtos, Servizos e Provedores de Software Libre de Galicia no portal Mancomún (http://www.mancomun.org/descargarprogramas/catalogodeswlgalego/), o espazo que recolle as iniciativas de software libre da Comunidade.

Este catálogo é unha ferramenta de consulta web que permite a procura por categorías dos produtos de software libre así como a información dos provedores que prestan servizos sobre eles. Esta interface de consulta está integrada xa no portal mancomun.org e recolle os datos do MapaTIC.gal, un escaparate virtual onde xa están rexistradas 178 empresas e 400 solucións tecnolóxicas de todo tipo.

Deste xeito, os produtos que se dean de alta no MapaTIC e sexan software libre incorporaranse automaticamente neste novo catálogo, coa referencia aos provedores que os ofertan.

Máis visibilidade

A finais de 2012, un de cada catro provedores (23,40%) rexistrados no MapaTIC.gal ofrecía os seus servizos en torno a tecnoloxías libres, mentres que o 22,30% dos servizos e produtos rexistrados eran software libre.

A pesar destes datos, que amosan que en Galicia existe unha boa oferta en torno ás tecnoloxías libres, unha das necesidades detectadas nos estudos do uso de Software Libre nas empresas elaborados anualmente polo OSIMGA, é que exista falta de información sobre os produtos e provedores de software libre.

No catálogo pódense atopar dende solucións de xestión empresarial, plataformas web ou software especializado. Esta nova ferramenta dá unha visibilidade diferenciada a estes produtos de calidade garantes coas liberdades proporcionadas polo Software Libre.

MapaTIC tamén en abert@s

Coincidindo coa publicación do catálogo publicase tamén a documentación e a ficha de datos do servizos web do MapaTIC.gal en Abert@s, o portal Open Data da Xunta de Galicia (http://abertos.xunta.es/aplicacions-e-servizos-web).

A publicación desta ficha permitirá a reutilización dos datos dos provedores tecnolóxicos de Galicia para o desenvolvemento de aplicacións.

Os servizos publícanse cunha licencia Creative Commons con Atribución (CC-BY) permitindo calquera tipo de uso sempre que se cite a orixe dos datos do MapaTIC.