Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega presenta o 30 de xullo o programa formativo AceleraTech para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes

• E unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación impartido pola escola de negocios da Fundacion Abanca IESIDE para que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan as tecnoloxías disruptivas que marcarán a vindeira década
• Comezará en outubro e o prazo de inscrición estará aberto do 1 de agosto ao 1 de outubro
• Na xornada de presentación de AceleraTech estarán Gonzalo Garre, de IESIDE, e Pablo López, experto en blockchain

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presenta o vindeiro 30 de xullo o programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que se comezará en outubro. AceleraTech dirixido tanto ás pemes galegas como ao seu persoal directivo para que as tecnoloxías disruptivas máis relevantes e os beneficios e condicionantes necesarios para integralas na súa estratexia, estrutura e modelo de negocio.

O programa, que se desenvolverá a partir de outubro en colaboración coa IESIDE, abrangue diferentes xornadas formativas e prácticas específicas para persoal directivo e xerentes de empresas galegas.

A presentación de AceleraTech terá lugar o vindeiro 30 de xullo por streaming e nel realizarase unha exposición do programa así como unha aproximación a unha das tecnoloxías que se van abordar neste, o blockchain.

Para asistir á xornada de presentación de AceleraTech é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC, https://cdtic.xunta.gal/es/aceleratech-blockchain, no correo electrónico cdtic@xunta.gal ou no teléfono 881 995 200.

Programa específico para persoal directivo

A iniciativa está dirixida principalmente a persoal directivo, xerentes e propietarias/os de empresas, xa que estas son as persoas con capacidade de decisión e as que poden impulsar e liderar unha transformación tecnolóxica real destas.

O programa desenvolverase a partir de outubro e estenderase ao longo de cinco sesións formativas e un taller final. As temáticas das sesións versarán sobre os seguintes aspectos: A competencia na era dos negocios dixitais; Big data, data science e intelixencia artificial; Internet of the things e 5Gg; Blockchain; Ciberseguridade; Construíndo a transformación dixital da peme: taller Lego® Serious Play®

As prazas para participar neste programa formativo son limitadas e o prazo de preinscrición estará aberto desde o 1 de agosto ata as 18:00h do 1 de outubro.