Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega pon en marcha unha nova edición do plan DigiTalent con 36 iniciativas para o curso 2019/2020

• O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia incorpora 13 novas actividades para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os perfís dixitais e a formación dos profesionais
• Ata 2.500 rapaces de 6 a 12 anos poderán participar en talleres e charlas divulgativas, sobre robótica ou o uso seguro de internet
• En breve darán comezo o programa DigiCraft no teu cole, para achegar aos máis novos as posibilidades que ofrece o mundo dixital
• Ademais, está previsto o lanzamento das as Bolsas DigiTalent para facilitar a adaptación dos profesionais non TIC á contorna dixital
• Desde a súa posta en marcha DigiTalent promoveu 23 actuacións das que xa se teñen beneficiado máis de 5.300 persoas
• Toda a información sobre as actividades do Plan están dispoñibles na web de DigiTalent

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Plan DigiTalent para o curso 2019/2020 con 36 iniciativas, 13 máis que na anterior edición, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital.

As liñas do Plan para este curso pecháronse nunha xuntanza de traballo que tivo lugar esta semana coas empresas tecnolóxicas do pacto dixital, que se adheriron ao Plan, Indra, everis, Iecisa, Satec, Televés, R, Altia, Coremain, Telefónica, Vodafone, DXC, Orange e o Clúster TIC.

Novas actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas

Para motivas e potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, este curso  desenvolveranse 9 iniciativas diferentes, que posibilitarán que máis de 1.600 nenos  e nenas en idade escolar participen talleres e actividades ludico-formativas en torno á robótica, o uso seguro de internet ou desafíos tecnolóxicos.

Ademais, levaranse de novo ao centros educativos charlas e actividades divulgativas para achegarlles aos máis novos o interese polos estudos científico-tecnolóxicos, prestando especial atención ás nenas, ofrecendo máis de 900 prazas.

Neste eixo cabe destacar o a posta en marcha este curso do programa da Fundación Vodafone “DigiCraft no teu cole”, ao que se poderán adherirse 50 centros educativos, para reforzar as competencias dixitais de nenos e nenas de 6 a 12 anos. Ademais, desenvolverase a terceira edición de Tecnólog@ por un día máis de 60 prazas no que os participantes experimentarán un día de traballo no marco das profesións dixitais.

Adicionalmente, celebraranse novas edicións do concurso The North Codes e da competición World Robot Olympiad Galicia que porán a proba o enxeño e coñecementos TIC dos participantes.

Novo impulso aos perfís dixitiais

No segundo eixo do Plan orientado a impulsar os novos perfís dixitais, porase en marcha programa de Bolsas DigiTalent, que  ofrecerá 50 bolsas para realizar prácticas non laborais en empresas do sector TIC a estudantes de carreiras de Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais, Xurídicas, Arquitectura e Enxeñaría matriculados en calquera das tres universidades galegas superados o 75% dos créditos.

Impulsaranse, ademais, novas actividades de sensibilización e asesoramento (talleres, sesións inspiradoras, concursos, premios, etc.) no marco de iniciativas lideradas pola empresa everis como a Cátedra de Transformación Dixital ou a Cátedra R Ciberseguridade.

Así mesmo, este mes de setembro comezou o Curso de Especialista en 5G impulsado pola Amtega en colaboración coa a Universidade de Vigo e o operador público Retegal para a capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G a diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico.

Reforzo das capacidades de eliderado para a transformación dixital

Por último, para promover as capacidades de e-liderado que permitan ás persoas identificar, crear e explotar oportunidades derivadas da innovación dixital, darase continuidade ás actuacións de acompañamento no proceso de transformación dixital e como accións formativas a través do Centro Demostrador TIC, o programa AceleraTIC ou o Reacciona TIC.

Toda a actualidade sobre as actuacións recollidas no catálogo DigiTalent, atópase dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, onde se recolle a información relativa aos detalles das actuacións (datas, localizacións e instrucións para a participación) a medida que estea dispoñible.

Máis de 5.000 beneficiarios

En concreto, ata o de agora promovéronse nestes tres eixos un total de 23 actuacións, 13 delas orientadas á impulsar as vocacións científico-técnicas entre o máis novos. Ademais, o Plan contou con outras 5 iniciativas orientadas a impulsar os novos perfís dixitais e as 5 restantes están orientadas a formar a perfís directivos para liderar a transformación dixital da súa empresa. No seu conxunto, as distintas actividades desenvoltas chegaron ata o momento a máis de 5.300 persoas.