A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións achegarán as novas tendencias tecnolóxicas a cidadáns e empresas

Domingo 21 de Abril de 2019

A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións achegarán as novas tendencias tecnolóxicas a cidadáns e empresas

• Grazas á colaboración entre ambas entidades este ano impartiranse talleres abertos e gratuítos sobre tecnoloxías como a Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada ou o 5G
• Estas actividades están en liña coa aposta da Amtega pola especialización de profesionais TIC e a capacitación dixitais de profesionais doutros sectores
• Ademais, a AETG analizará a calidade das redes móbiles e de banda larga en a lo menos 250 núcleos da Comunidade

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG)  renovan a súa colaboración coa sinatura dun acordo que, entre outras actuacións, permitirá realizar este ano talleres abertos e gratuítos sobre novas tendencias  tecnolóxicas como a Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada ou o 5G

Estas actividades formativas, abertas, gratuítas e presenciais, estarán dirixidas a cidadáns e empresas e administracións públicas. Esta actividade enmárcanse na aposta da Amtega pola especialización de profesionais TIC e a capacitación dixitais de profesionais doutros sectores.

Control sobre o terreo
Por outra banda, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia levará a cabo un estudo sobre a calidade das redes móbiles e de banda larga en a lo menos 250 núcleos da Comunidade que, polas súas características específicas, requiran de medidas de control concretas. 

Servizo de asesoramento
O acordo contempla, ademais, a continuidade do servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación dirixo especialmente aos axentes implicados no ámbito regulatorio das telecomunicacións e ás entidades locais.

Este servizo realízase a través equipo de traballo específico integrado por Enxeñeiros de telecomunicación, cun soporte centralizado e permanente mediante contacto telefónico e correo electrónico. Ademais, a AETG elaborará a documentación específica de soporte para a tramitación e xestión administrativa das comunicacións previas que afecten a infraestruturas de telecomunicacións.

A Amtega achegará á Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia un total de 65.000 euros para o desenvolvemento das actuacións que se recollen no acordo.