A Amtega e a AETG organizan a conferencia “Realidade estendida para a formación do futuro” da man de Xoel Vázquez Dios
• O evento está dirixido tanto ao sector TIC como ao resto de sectores e por suposto á cidadanía en xeral e ás administracións públicas.
• Será impartida por Xoel Vázquez Dios, enxeñeiro informático pola Universidade de A Coruña e experto en realidade aumentada
• A xornada terá lugar o vindeiro día 7 de xullo ás 12:30 h. no GaiásTech - Cidade da Cultura (Monte Gaiás - Santiago de Compostela)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de xullo a conferencia “Realidade estendida para a formación do futuro”, que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas do convenio firmado ente Amtega e AETG.
A charla terá lugar o próximo 7 de xullo ás 12:30 h. no GaiásTech - Cidade da Cultura (Monte Gaiás - Santiago de Compostela) e será impartida polo enxeñeiro informático e experto en realidade aumentada, Xoel Vázquez Dios.
A conferencia centrarase nas posibilidades da realidade estendida no eido da educación e da formación, casos de uso e tendencias sobre esta tecnoloxía nas aulas, así como no ámbito privado da Industria 4.0, Sanidade e outros campos de aplicación práctica.
Destinatarios e inscricións
A xornada está dirixidas tanto ao sector TIC como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas
As confirmacións de inscrición realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo. O acto é de carácter presencial con aforo limitado e realizarase tamén retransmisión vía streaming.
A inscrición debe realizarse a través da seguinte ligazón:
https://forms.gle/11ppMRaxsZuQZS9h7
Servizo de asesoramento a concellos
Esta conferencia nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa Amtega.
A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal.