A Amtega convoca preto de 600 prazas para as probas de avaliación do certificado galego de competencias dixitais en ofimática

Luns 03 de Outubro de 2016

A Amtega convoca preto de 600 prazas para as probas de avaliación do certificado galego de competencias dixitais en ofimática

As persoas interesadas poden inscribirse a partir de mañá, 4 de outubro, segundo se publica hoxe no DOG

Esta convocatoria está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa

Os exames presenciais celebraranse os días 16, 17 e 18 de novembro nas aulas CeMIT de 39 concellos de toda Galicia

Este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca preto de 600 prazas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, que publica hoxe o DOG, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios, xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

Inscrición e datas das probas

A inscrición poderá realizarse a través de internet desde mañá, 4 de outubro. O único requisito é ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da web http://cemit.xunta.es

No caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas, realizarase un sorteo alfabético entre os inscritos para establecer a orde de prelación para efectuar a matrícula.

As probas celebraranse os días 16, 17 e 18* de novembro en diversas quendas de mañá e tarde que nesta ocasión vanse a celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 39 concellos, que suman un total de 574 prazas dispoñibles: Abegondo, Ames, Arzúa, Barreiros, Betanzos, Boiro, Burela, Campo Lameiro, A Cañiza, Carballedo, Catoira, Celanova, A Coruña -Eiris, Cuntis, A Estrada, Fisterra, A Guarda, Lalín, Moaña, Narón, Oroso, Ortigueira, Ourense, Pontedeume, As Pontes, Pontevedra, O Porriño, Porto do Son, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sarria, Tomiño, Valga, Verín, O Vicedo, Vigo, Vimianzo e Xunqueira de Ambia.

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo

Preto de 1.500 prazas convocadas no ano 2016

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2016, que terá a súa continuación no vindeiro ano con novas convocatorias de dous cursos de teleformación titorizada con exame final e dúas convocatorias de probas presenciais na modalidade autoformativa.

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron mais de 1.200 as prazas convocadas en cursos de teleformación titorizada e de 1.600 as persoas que se someteron á avaliación dos seus contidos nas diferentes edicións das probas presenciais convocadas e que se realizaron en diversas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as máis de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas CeMIT de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.

*Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 16, 17 e 18 de novembro de acordo co seguinte calendario:

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 16 novembro

10:00

16

Coruña, A -Eiris

Coruña, A

Mércores, 16 novembro

10:00

16

Vimianzo

Coruña, A

Mércores, 16 novembro

10:00

15

Burela

Lugo

Mércores, 16 novembro

10:00

9

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 16 novembro

10:00

9

Guarda, A

Pontevedra

Mércores, 16 novembro

10:00

12

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 16 novembro

10:00

26

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 16 novembro

10:00

8

Valga

Pontevedra

Mércores, 16 novembro

10:00

11

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

10:00

13

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

10:00

10

Narón

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

10:00

15

Pontes, As

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

10:00

18

Santiago de C

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

10:00

16

Ourense

Ourense

Xoves, 17 novembro

10:00

18

Moaña

Pontevedra

Xoves, 17 novembro

10:00

8

Porriño, O

Pontevedra

Xoves, 17 novembro

10:00

10

Vigo

Pontevedra

Xoves, 17 novembro

10:00

13

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Arzúa

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

16:00

17

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

16:00

18

Coruña, A - Eiris

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

16:00

16

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

16:00

10

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 17 novembro

16:00

18

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 17 novembro

16:00

7

Ourense

Ourense

Xoves, 17 novembro

16:00

18

Verín

Ourense

Xoves, 17 novembro

16:00

11

Xunqueira de Ambia

Ourense

Xoves, 17 novembro

16:00

9

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 17 novembro

16:00

15

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 17 novembro

16:00

12

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 17 novembro

16:00

26

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Boiro

Coruña, A

Venres, 18 novembro

10:00

10

Oroso

Coruña, A

Venres, 18 novembro

10:00

12

Ortigueira

Coruña, A

Venres, 18 novembro

10:00

11

Porto do Son

Coruña, A

Venres, 18 novembro

10:00

8

Ribeira

Coruña, A

Venres, 18 novembro

10:00

11

Barreiros

Lugo

Venres, 18 novembro

10:00

12

Carballedo

Lugo

Venres, 18 novembro

10:00

7

Sarria

Lugo

Venres, 18 novembro

10:00

17

Celanova

Ourense

Venres, 18 novembro

10:00

11

Catoira

Pontevedra

Venres, 18 novembro

10:00

15

Cuntis

Pontevedra

Venres, 18 novembro

10:00

9

Lalín

Pontevedra

Venres, 18 novembro

10:00

18

Vigo

Pontevedra

Venres, 18 novembro

10:00

13