Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega convoca máis de 550 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

• Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
• O prazo de inscrición remata o vindeiro 4 de abril e pode realizarse online ou presencialmente na aula de interese
• Os exames presenciais celebraranse os días 8, 9 e 10 de maio nas aulas CeMIT de 38 concellos de toda Galicia
• Este certificado, que emite a Amtega, acredita os coñecementos nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 550 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición a estas probas remata o 4 de abril e poderá realizarse ben a través de internet ou presencialmente na aula de interese, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede.
 
As probas presenciais celebraranse os días 08, 09 e 10 de maio  en diversas quendas de mañá e tarde e que nesta ocasión vanse a  celebrar nas aulas CeMIT dos seguintes 38 concellos, que suman un total de 570 prazas dispoñibles:  
 
Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Boiro, Brión, Cerceda, A Coruña, Fisterra, Narón, Oroso, Ortigueira, Pontedeume, Santa Comba, Santiago de Compostela e Vimianzo na provincia de A Coruña;  Carballedo, A Fonsagrada, Lugo, Ribadeo e Sarria na provincia de Lugo; O Barco, Castro Caldelas, Celanova, Leiro, Ourense e Xunqueira Ambía na provincia de Ourense; e A Cañiza, Cuntis, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Pontevedra, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa na provincia de Pontevedra.
 
Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan mais solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán as probas presenciais.
 
Avaliación 
Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos  do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
 
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress 
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc
 
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compoñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo
 
Máis de 1.500 prazas programadas para este ano 2019
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2019, que terá a súa continuación  no segundo semestre do ano con novas convocatorias dun  cursos de teleformación titorizada con exame final e  outra convocatoria de probas presenciais libres na modalidade autoformativa
 
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 7.000 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (2.110 en cursos de teleformación titorizada e 4.923 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 3.100 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas  aulas da rede CeMIT.
 
A estes datos hai que engadir as mais de 300  actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet  (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
 
Calendarización das probas
As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 08, 09 e 10 de maio de acordo co seguinte calendario:

 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Coruña, A - Eiris

Coruña, A

Mércores, 14 de novembro

10:00

16

Narón

Coruña, A

Mércores, 14 de novembro

10:00

14

Barco, O

Ourense

Mércores, 14 de novembro

10:00

15

Estrada, A

Pontevedra

Mércores, 14 de novembro

10:00

15

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 14 de novembro

10:00

27

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 14 de novembro

10:00

9

Vilagarcía Arousa

Pontevedra

Mércores, 14 de novembro

10:00

18

         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Abegondo

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

10:00

15

Boiro

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

10:00

10

Cerceda

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

10:00

8

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

10:00

10

Padrón

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

10:00

9

Pontedeume

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

10:00

11

Ourense

Ourense

Xoves, 15 de novembro

10:00

18

Cuntis

Pontevedra

Xoves, 15 de novembro

10:00

8

Lalín

Pontevedra

Xoves, 15 de novembro

10:00

18

Marín

Pontevedra

Xoves, 15 de novembro

10:00

17

         
         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

16:00

20

Coruña, A - Eiris

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

16:00

16

Sada

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

16:00

10

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

16:00

18

Santiago de C

Coruña, A

Xoves, 15 de novembro

16:00

17

Guitiriz

Lugo

Xoves, 15 de novembro

16:00

15

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 15 de novembro

16:00

5

Leiro

Ourense

Xoves, 15 de novembro

16:00

6

Xunqueira Ambía

Ourense

Xoves, 15 de novembro

16:00

8

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 15 de novembro

16:00

20

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 15 de novembro

16:00

27

         
         
         
         

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Venres, 16 de novembro

10:00

12

Brión

Coruña, A

Venres, 16 de novembro

10:00

10

Fisterra

Coruña, A

Venres, 16 de novembro

10:00

8

Oroso

Coruña, A

Venres, 16 de novembro

10:00

15

Vimianzo

Coruña, A

Venres, 16 de novembro

10:00

15

Barreiros

Lugo

Venres, 16 de novembro

10:00

12

Carballedo

Lugo

Venres, 16 de novembro

10:00

7

Lugo

Lugo

Venres, 16 de novembro

10:00

12

Ribadeo

Lugo

Venres, 16 de novembro

10:00

15

Sarria

Lugo

Venres, 16 de novembro

10:00

15

Celanova

Ourense

Venres, 16 de novembro

10:00

11

Moaña

Pontevedra

Venres, 16 de novembro

10:00

9

Porriño, O

Pontevedra

Venres, 16 de novembro

10:00

9

Valga

Pontevedra

Venres, 16 de novembro

10:00

11

Vigo

Pontevedra

Venres, 16 de novembro

10:00

12