Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega celebra o día da internet segura con preto dun centenar de actividades na rede CeMIT durante o mes de febreiro

• O obxectivo é promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía e dar a coñecer as vantaxes e beneficios que brinda o mundo dixital
• Durante o pasado ano ofertáronse máis de 500 actividades e máis de 6.000 horas de formación


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Rede CeMIT súmanse un ano máis á celebración do o Día de Internet Segura, con preto dun centenar de actividades durante o mes de febreiro cunha duración de máis de 500 horas.
 
Este ano a data celébrase baixo o lema “Unha Internet mellor comeza contigo: xuntos aprenderemos ciberseguridade”. A conmemoración desta xornada, que conta co apoio da Comisión Europea, ten a súa orixe no ano 2004 e, desde ese momento, mobiliza a millóns de persoas en todo o mundo para promover e debater sobre o correcto uso de Internet. 
 
Algunha das actividades ofertadas durante este mes de febreiro en colaboración cos aliados dixitais son as seguintes:
 
Charlas gratuítas de concienciación en ciberseguridade do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) en colaboración con Cibercooperantes sobre temas como a privacidade, o ciberacoso ou o uso seguro e responsable das TIC nas aulas de Fisterra e Betanzos, e á que se continúan a sumar novas aulas.
 
Ciclo de seminarios online do aliado dixital Federación Galega de Asociacions Universitarias Séniors (FEGAUS) sobre:
o Letra pequena en Internet. Que esconden as condicións de uso, cookies, etc.
o Como usar o DNI electrónico e o DNI 3.0 (lector e smartphone)
o Trámites online con certificado dixital 
o Copias de seguridade e consellos de uso do certificado dixital
o Como utilizar o certificado dixital e o DNI 3.0 no teu móbil
o Firma de documentos electrónicos co teu certificado dixital
Curso sobre privacidade na Internet e dispositivos móbiles da aula CeMIT de Cuntis en retransmisión ás aulas de Pontevedra e Arzúa, onde se traballará sobre a protección de datos nas redes sociais e dispositivos móbiles. 
 
Charla sobre ciberseguridade en colaboración co aliado dixital Gradiant, onde exporanse casos reais de problemas por falta de seguridade en Internet, e ensinaranse as medidas para protexerse.
 
As persoas interesadas en asistir a algunha das formacións propostas poden consultar os cursos e actividades das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/buscador e poñerse en contacto coa aula que máis lle interese. Así mesmo, tamén pode contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.gal
 
A Rede de aulas CeMIT leva traballando sobre o uso seguro de Internet desde a súa posta en marcha no ano 2011 e, concretamente, durante o ano pasado realizáronse máis de 500 actividades e máis de 6.000 horas de formación que trataron directamente a temática da seguridade e privacidade en Internet e outras nas que este aspecto é clave como coma as compras por Internet, uso de dispositivos móbiles, xestión de redes sociais, contratación de viaxes, trámites online e sinatura dixital, certificados dixitais, etc. 
 
A Rede CeMIT
A  Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concello. Está presente nas 53 comarcas e integrada por 98 aulas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. 
 
A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer á cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.