A Amtega celebra o Día da Internet cunha programación especial de dez días de actividades na rede CeMIT

Xoves 17 de Maio de 2018

A Amtega celebra o Día da Internet cunha programación especial de dez días de actividades na rede CeMIT

• Do 21 ao 31 de maio están previstas sesións e charlas orientadas a facilitar o uso dos servizos dixitais, evitar o ciberacoso e informar sobre novo Regulamento de Protección de Datos
• Estas actividades súmanse as previstas xa na Rede, conformando unha oferta de máis de 1.600 horas de formación presencial

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)  celebra o Día da Internet cunha programación especial de actividades nas de Aulas CeMIT, que se suma ás iniciativas que diariamente se realizan na Rede ata conformar unha oferta de 280 actividades e 1.600 horas de formación.

Entre o 21 e o 31 de maio, xunto coa programación habitual, ofrecerase un catálogo actividades orientadas a facilitar o uso dos servizos dixitais, evitar o ciberacoso e informar sobre o novo Regulamento de Protección de Datos.  

Grazas á colaboración dos aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 e á labor dos responsables das aulas CeMIT celebrarase charlas e sesións específicas durantes estes días, Una delas será a  charla informativa Pautas de control parental para a detección e o control do ciberacoso” en colaboración co aliado dixital Captioma.

Tamén está  prevista a realización de dúas sesións de dúas horas de duración en colaboración co aliado dixital Altia sobre o manexo da Sede electrónica da Xunta de Galicia. E intégranse, ademais,  dentro desta planificación a realización dunha charla informativa destinada a rapaces e rapazas sobre “Prevención do ciberacoso, ciberbulling e comportamentos rexeitables” e a xornada sobre “Protección de datos de carácter persoal e a nova normativa GDPR” en colaboración co mentor dixital José M. Lozoya.

As persoas interesadas en asistir a algunha das formacións propostas poden consultar os cursos e actividades das aulas CeMIT na seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/buscador e poñerse en contacto coa aula que máis lle interese. Así mesmo, tamén pode contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.gal.

Actividades xa programadas

Súmanse, ademais, outras iniciativas iniciadas anteriormente e que teñen continuidade dado o interese suscitado como o taller “Ao lado dos nosos maiores” realizado en colaboración co aliado dixital Orange Spagne, así como as xornadas “Aprende a usar o teu Smartphone e Tablet” en colaboración coa Fundación Vodafone España.

Adicionalmente, de forma online, póñense a disposición dos cidadáns unha gran variedade de cursos a través da Plataforma de teleformación EMA (Espazo Multimedia de Aprendizaxe).

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 - Aliad@s Dixitais

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Esta estratexia estase a desenvolver grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital. Actualmente o Plan de Inclusión Dixital conta con preto de 800 aliados dixitais.

A Rede CeMIT

Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 concellos e 53 comarcas e está integrada por 98 aulas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias.

Paralelamente, os centros da Rede contan cun servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios e usuarias para a utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.