Memorias de actividades

Formulario de busca

Fondos

Memoria de actividades 2020Memoria de actividades 2020

Formulario de busca

cierra cierra

Memoria de actividades 2020

Coa finalidade de dar cumprimento ao artigo 10 dos Estatutos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, elabórase a Memoria de Actividades 2020 na que, tras unha breve sinopse da natureza e funcións desta axencia pública autonómica, se exporá a actividade desenvolvida durante o anterior exercicio e os principais logros acadados, así como o grao de cumprimento tanto do plan de acción 2020 como do contrato plurianual de xestión.

Durante o 2020 aprobouse a Estratexia Galicia Dixital 2030 que mobilizará 4.000 M€ para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental. Avanzouse na consolidación duns servizos públicos dixitais: no contexto de crise sanitaria derivada da evolución epidemiolóxica do COVID-19, a actuación da Amtega permitiu dar continuidade ao funcionamento da administración pública e a prestación de servizos básicos á cidadanía, 17 salas de vistas xudiciais renováronse con tecnoloxía dixital e en 23 salas adicionais integrouse sistema de videoconferencia, estendeuse a Historia Social Única Electrónica chegando xa a 311 concellos galegos e a educación integramente dixital é unha realidade para máis de 34.000 alumnos de 470 centros educativos. No ámbito dos sectores primarios dixitalizáronse 25 lonxas e continuouse co proceso de ampliación da rede de vixilancia dos espazos forestais de Galicia, acadando una cobertura de 1,8 millóns de hectáreas, algo mais do 60% do territorio 

Neste documento faise un repaso polos principáis logros do período 2020, entre os que destacan: O Proxecto Abalar, a Historia Social Única Electrónica, a dixitalización das rulas, desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica para o sector gandeiro, a posta en marcha do sistema de xestión de recursos do Patrimonio Cultural de Galicia (XERPA), a posta en marcha do Plan de inclusión dixital de Galicia, o despregamento de redes de máis de 100Mbps en entidades singulares de poboación e o avance na iniciativa de mellora da cobertura móbil no rural enmarcado no Plan de banda larga 2020, o desenvolvemento dos pilotos enmarcados no Plan Galicia 5G, as 24 actuacións do plan DigiTalent e a mecionada aprobación da Estratexia Dixital de Galicia 2030

A continuación pode acceder ao documento íntegro da Memoria de actividades 2020: