Memoria de actividades 2018

Memoria de actividades 2018

Coa finalidade de dar cumprimento o artigo 10 dos Estatutos da Amtega, elabórase a presente memoria na que se expón a actividade desenvolvida durante o ano 2018, así como os principais logros acadados.

Durante 2018 a Axencia continuou avanzando nos obxectivos de mellora da eficiencia e redución do gasto tecnolóxico mediante unha xestión integrada das TIC baseada na orientación cara á centralización de compras e en economías de escala. Neste documento faise un repaso polos principáis logros do período 2018, entre os que destaca a elaboración da nova estratexia galega no ámbito das redes 5G "Plan Galicia 5G". Apostouse por un novo modelo para universalizar o patrimonio cultural galego co lanzamento da Memoria Dixital de Galicia e avanzouse no Plan Smart Turismo para incrementar a competitividade do sector.

A continuación pode acceder ao documento íntegro da Memoria de actividades 2018:

 

Memoria 2018