Memorias de actividades

Formulario de busca

Fondos

Memoria de actividades 2017Memoria de actividades 2017

Formulario de busca

cierra cierra

Memoria de actividades 2017

Coa finalidade de dar cumprimento ao artigo 10 dos Estatutos da Amtega, elabórase a presente memoria na que se expón a actividade desenvolvida durante o ano 2017, así como os principais logros acadados.

Durante 2017 a Axencia continuou avanzando nos obxectivos de mellora da eficiencia e redución do gasto tecnolóxico mediante unha xestión integrada das TIC baseada na orientación cara á centralizaciónde compras e en economías de escala.

No presente documento faise un repaso polos principais logros do período 2017 onde se engloban as principais actuacións, como a posta en marcha de novos servizos entre os que destacan as notificacións electrónicas ou a presentación de procesos monitorios online co fin de consolidar unha Administración e Xustiza dixitais. O desenvolvemento de medidas dos Plan Trabe, Proxecto Abalar e Programa Primare. O lanzamento da Memoria Dixital de Galicia e o avance do Plan Smart Turismo. O apoio ao emprendemento e ao talento dixital co plan DigiTalent 2020 e o lanzamento do programa DicoMindset para impulsar o sector dos contido dixitais de Galicia. A continuación do Plan de Banda Larga 2020 co se estenden as conexións ultrarrápidas aos polígonos industriais e ás empresas máis illadas do rural. Tamén se recolle o programa de actuacións do ano 2017, organizado segundo os sete obxectivos estratéxicos.

Por último, a Memoria indica os acordos formalizados pola Amtega con institucións públicas e privadas para desenvolver actuacións nos diferentes ámbitos da sociedade da información durante o exercicio.

A continuación pode acceder ao documento íntegro da Memoria de actividades 2017: