Memoria de actividades 2015

Memoria de actividades 2015

Coa finalidade de dar cumprimento o artigo 10 dos Estatutos da Amtega, elabórase a presente memoria na que se expón a actividade desenvolvida durante o ano 2015, así como os principais logros acadados.

Durante o 2015 a Axencia continuou avanzando nos obxectivos de mellora da eficiencia e redución do gasto tecnolóxico mediante unha xestión integrada das TIC baseada na centralización de compras e na aplicación de economías de escala. No presente documento faise un repaso polos principais logros do período 2015, entre os que destaca a aprobación da Axenda Dixital de Galicia 2020 que articulará o modelo de crecemento vinculado a economía dixital nos próximos cinco anos, e detállanse as principais actuacións e os mecanismos de eficiencia e aforro. O informe tamén presenta unha relación de todos os proxectos e programas postos en marcha pola Axencia ao longo do ano 2015, organizados segundo os obxectivos estratéxicos, e os acordos formalizados pola Amtega con institucións públicas e privadas para desenvolver actuacións nos diferentes ámbitos da sociedade da información durante o exercicio.

A continuación pode acceder ao documento íntegro da Memoria de actividades 2015:

 

Archivos