Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

2.270
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o vindeiro xoves 22 de xuño unha xornada sobre as boas prácticas no ámbito da innovación social dixital no Centro de La Molinera en Ourense. Este centro conta cun aula da Rede CeMIT nas súas instalacións e participa no proxecto CeMIT-Innova 2017. A xornada baixo o lema “Innovación Social Dixital. Comunicando Emocións” celebrarase en dobre sesión, de mañá e tarde, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas, respectivamente.
2.268
Mecanismos e ferramentas para a creación de blogs.
2.259
Capacitación no uso da correspondencia vía internet
2.253
O 78,6% dos fogares galegos contan con acceso a Internet contratado a través de banda larga, rexistrando un incremento de máis do 10% no último ano. Este crecemento acurta a distancia coa media estatal a 2,6 puntos porcentuais fronte aos 6,4 puntos do ano 2015. Ademais, o crecemento de fogares con banda larga no período 2013-2016 en Galicia foi superior ao do conxunto do Estado e duplicou o incremento rexistrado na Unión Europea.
2.247
Dona Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acompañada de D. José Xullo Fernández, director do Centro de Estudos de Seguridade da USC (CESEG) e Dona Luz Mª Ruibal Pereira, Directora do Mestrado, presentarán a primeira edición do Mestrado en Tratamento e Protección de Datos da USC.
2.246
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, co obxectivo de fomentar e achegar aos universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.
2.245
Esta xornada pretende profundar na nova realidade tecnolóxica e analizar as súas implicacións prácticas e xurídicas para a actividade diaria dos nosos órganos xudiciais, forzas e corpos de seguridade, peritos e demais profesionais e xuristas.
2.240
A iniciativa “Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura”, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), visitará, o 24 de xullo, o concello de A Cañiza con charlas informativas, a cargo dos colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía.

Páxinas