Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

782
O conselleiro de Cultura e Educación presidiu hoxe a recepción a colexios e institutos que no 2015/2016 comezan a traballar co proxecto de contidos curriculares dixitais que promove a Xunta de Galicia. Ao abeiro deste programa, arredor de 6.000 alumnas e alumnos terán os libros de texto gratuítos no ordenador Abalar do que fan uso nos seus centros.
782
Terá lugar o 10 de outubro na Cidade da Cultura e está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos. Durante a xornada celebrarase un obradoiro de programación con Scratch para o profesorado.
780
A iniciativa, que arrancará en setembro, é un proxecto piloto pioneiro en España, para poder ofrecer cursos en liña aos reclusos desde os propios servidores do centro.
760
Celebrarase o vindeiro 6 de maio no Centro Demostrador TIC de 10.00 a 15.30 horas. Os interesados poden inscribirse no 981 555 291 ou a través do correo electrónico stamar-xornadas@xunta.es Stamar é un proxecto europeo, liderado por Galicia, que ten como obxectivo que as pemes do sector marítimo coñezan as innovacións tecnolóxicas máis relevantes. A iniciativa está encabezada pola Amtega e conta coa participación como socio da GAIN, ademais de 7 entidades de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal
755
Esta actividade forma parte Programa de Formación en Software Libre para o Terceiro Sector. A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/
755
Avanza que en setembro desenvolverase o proxecto piloto para comprobar sobre a realidade o seu funcionamento, coa monitoraxe de 500 pacientes crónicos de tres patoloxías: insuficiencia cardíaca, diabete e enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. Nunha segunda fase, e desde o punto de vista social, o sistema estenderase a persoas que queiran ser atendidas na súa casa en lugar de ter que desprazarse a unha residencia ou a un centro de día. Lembra que o Plan Trabe permitirá, a finais deste ano, implantar a historia social única de cada persoa que estea ingresada nunha residencia social, e que...
751
Os máis de 233.000 galegos que dispoñen destes documentos acreditativos xa non terán que presentalos naqueles trámites administrativos que os requiran. pasaXe! permite o intercambio de información online entre as Administracións e evita ao cidadán ter achegar documentos que xa obra en poder delas. No primeiro semestre 2015 esta plataforma evitou a cidadáns e empresas a presentación de arredor de 500.000 documentos. Xa se poden consultar na plataforma 33 tipos de certificados como o de identidade, dependencia, datos catastrais, o imposto de actividades económicas, títulos universitarios ou a...
750
Grazas á colaboración co Instituto da Lingua Galega da USC e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística este documento, con máis de 66.000 ficheiros sonoros, está xa accesible en formato aberto. Facilítase así a súa reutilización por parte de calquera persoa ou empresa interesada en crear aplicacións en base a esta ferramenta. O dicionario ofrece un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, que abrangue desde léxico común a máis de 2.500 nomes e apelidos, toponimia e accidentes xeográficos.

Páxinas