Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

804
A estratexia TIC para a Xustiza está a ser desenvolvida pola Amtega en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
798
A vocación, segundo o 92% dos alumnos, é o principal motivo para a elección do itinerario formativo, seguido da utilidade (78%) e a facilidade (45%). Persiste a fenda de xénero: tan só o 6% das alumnas que cursan un Bacharelato Científico- Tecnolóxico elixirían o finalizalo as carreiras de Informática ou Telecomunicacións, fronte ao 34% dos alumnos. No estudo participaron 5.120 alumnos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato de 40 centros educativos das catro provincias galegas. Ao inicio do próximo curso escolar presentarase un informe completo do estudo que recollerá recomendacións de expertos...
795
Os exames presenciais celebraranse os días 25, 26 e 27 de novembro nas aulas CeMIT de 44 concellos de toda Galicia. Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa. Este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada.
789
Os 15 Voluntarios do Programa que participen darán soporte en talleres, mesas redondas e outras actividades do evento. A Compostela Mini Maker Faire terá lugar o 17 de outubro en Área Central, en Santiago de Compostela. A Maker Faire é un festival de tecnoloxías creativas, un evento para todos os públicos, no que descubrir de forma activa inventos, creacións realizados polos propios participantes coa axuda da tecnoloxía.
788
A Amtega asinou hoxe coas universidades e asociacións de empresas e usuarios de software libre os convenios para o desenvolvemento de 26 das 95 accións do Plan de Software Libre 2015 da Administración autonómica. A Xunta iniciou xa a migración a software libre de 1.500 postos de traballo de empregados públicos. Aposta polas ferramentas de software libre en proxectos de calado para a Administración como o Arquivo Electrónico Administrativo (ARPAD) ou o sistema de rexistro único da Xunta de Galicia (AIRES). Incorporará ao Centro Demostrador TIC Virtual dúas novas solucións libres que as pemes...
787
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que esta nova liña de axudas beneficiou a 11 empresas na provincia de Pontevedra por un montante de 1,4 millóns de euros. A empresa estradense investiu así 311.000 euros na compra dun taladro fresador con corte de auga.
784
En total, máis da metade dos galegos teñen acceso a servizos de ata 200 Megas grazas ás medidas do Plan desenvolvidas en colaboración co operador R.
782
Terá lugar o 10 de outubro na Cidade da Cultura e está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos. Durante a xornada celebrarase un obradoiro de programación con Scratch para o profesorado.

Páxinas